Conócelas: Muller e Ciencia

Co gallo de conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 5º e 6º curso, participou nunha charla impartida pola investigadora do Programa Miguel Servet, no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, Mónica Martínez. De primeira man, os nenos e nenas, tiveron a oportunidade de coñecer a traxectoria profesional dunha muller científica no campo da oncoloxía.


Aprenderon aspectos moi interesantes respecto da investigación sobre o cancro, ademais de animar as nenas, especialmente, a interesarse polo ámbito científico.


Mónica Martínez deu a coñecer ao alumnado ASEICA, "Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer", e a iniciativa CONÓCELAS, cuxo obxectivo é dar visibilidade a investigadoras científicas do cancro.


Grazas a Mónica Martínez pola súa magnífica exposición e pola súa implicación e o seu labor de investigación desta patoloxía


 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ


Hoxe celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. O acto partiu da lectura dun manifesto por parte do alumnado e a celebración da carreira solidaria participando destes "Kilómetros de Solidaridade" que ademais de deporte supón educación e valores, onde todos nós, pero sobre  todo os máis pequenos, somos os protagonistas.

É con esta celebración,  queremos manifestar o noso rotundo rexeitamento a toda forma de violencia, xa sexa verbal ou física.

 

PREME NA FOTO PARA VER A PRESENTACIÓN

 


 

Día dos Dereitos da Infancia

O 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. O obxectivo desta data é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo. 

Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, a educación e a protección, entre outros, independentemente do lugar do mundo no que nacesen e así traballámolo dende a escola.

Gozamos dun tempo de recreo diferente onde puidemos compartir e xogar con numerosos xogos tradicionais. O alumnado de 6º, coa axuda dalgúns compis de 5º, titorizou ao resto do cole nun tempo onde alumnado e profesorado tentaron lograr cumprir todos os retos entre sorrisos e unha convivencia en harmonía total.

 

 

 

Obradoiro de Primeiros Auxilios

Gracias á Asociación de Búsqueda y Salvamento de Galicia o alumnado de 5º e 6º participaron nun obradoiro de Primeiros Auxilios no que Javier, voluntario da Asociación e técnico do 061, ensinounos o que debemos saber para poder axudar a quen nos necesite nunha emerxencia.

Estamos agardando que volva para seguir aprendendo co resto de grupos!

MOITAS GRACIAS JAVI!!!

 


 

II Semana da Ciencia

Aquí vos deixamos un resumo das actividades que levamos ata o momento na nosa Semana da Ciencia!

Tivemos a oportunidade de programar robots con Samuel e Adrián de GaleSpace, estudar os bichiños do solo dos nosos composteiros a través de lupas e microscopios con Edith Uhía, charlas online coas científicas de ASEICA polo Día Internacional da muller e a nena na Ciencia 11F, outro obradoiro con Nieves Vidal tamén científica do CSIC...e aínda nos queda para rematar esta semana o Planetario! Descubrimos un montón de temas interesantes! 

AGRADECÉMOSLLE A TODAS AS PERSOAS, QUE PARTICIPARON NESTAS ACTIVIDADES, A SÚA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN CO NOSO ALUMNADO! SODES XENIAIS!! :) 

 


 

Mulleres de ciencia no CEP Xosé Neira Vilas

Ao longo da semana pasada e con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, o alumnado de 5º e 6º de Primaria compartiu sesións online con catro investigadoras científicas que lles acercaron o seu traballo, as súas experiencias persoais e o camiño que levan recorrido ata o momento nas súas vidas.

María Mayán, do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña, Yolanda Diz, do Centro de Investigación Biomédica da Universidade de Vigo, e Tania Rivera e Daniela Amorín, pertencentes ambas ao Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, trasladaron ao alumnado a paixón polo seu traballo e o esforzo e constancia que as levaron a onde están actualmente.

Desde o centro queremos agardecer a todos e todas os que fixeron posible estes encontros e desexamos que o noso alumnado sea quen de acadar os seus soños como o están a facer as nosas invitadas desta ocasión.

Maletas viaxeiras: funcións executivas, xogos e teatro

Ao longo dun mes puidemos gozar destas maletas, nas que atopamos diferentes xogos para traballar as funcións executivas e gozamos coa lectura de divertidas obras de teatro. A través destes materiais, os nenos e nenas planifican, toman decisións, organízanse, manteñen a atención, gozan da lectura..., ao mesmo tempo que o pasan ben compartindo estes xogos cos seus compañeiros/as.
 
 
 

PROXECTO CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS

Da comezo a Fase 3 do proxecto "Camiños escolares seguros"

Martes 10 de decembro ás 18:00h

CONTAMOS CON VÓS


 

Inicio de sesión