CAMIÑO ESCOLAR SEGURO

 No mes de outubro deu comezo na escola o proxecto Camiño Escolar Seguro, que impulsa o Concello de Gondomar co apoio da Deputación de Pontevedra. Como xa ocorre noutras vilas e cidades, perséguese que os nenos e as nenas poidan desprazarse á escola dunha forma autónoma, saudable, sostible e segura.

Para que os Camiños Escolares Seguros teñan éxito precísase da implicación do alumnado. Por iso, hai uns días presentouse o proxecto en todos os cursos. A través dunha actividade pensaron cales son os desprazamentos que fan á escola e como se fan (a pé, en bicicleta, en autobús ou en coche...). Ademais, reflexionaron en grupo sobre os elementos que debería ter un camiño á escola.

Ao longo deste trimestre as nenas e os nenos farán mais actividades, co obxectivo de deseñar de forma participativa o Camiño Escolar Seguro, contando coa súa visión e as súas propostas.

O alumnado de 6º confecciona murais nas aulas

 

Elementos que atopa o alumnado de 4º no desprazamento á escola

 

O alumnado de 6º traballa os camiños sobre os mapas

 


 

Inicio de sesión