CONSERXERÍA: 982870944 SECRETARÍA: 982870943 XEFATURA DE ESTUDOS: 982870943 DIRECCIÓN: 982870942 (9:35 a 10:30) COLEXIO PEQUENO: 982870941 CORREO ELECTRÓNICO: cep.lois.tobio@edu.xunta.gal |
|||
Onte, 10 de marzo, e seguindo o PDI do centro este ano (Ás para voar) visitounos o ornitólogo (ou paxareiro, como lle gusta a el) do Barqueiro Antonio Martínez Pernas, "Toñito". Con el aprendemos moito sobre as aves que se poden ver no Concello de Viveiro e arredores xa que, como insistiu Toñito, os paxaros non coñecen de Concellos. Cantas aves se poden ver nun ano en Viveiro? En Galicia? Na Península Ibérica? Cantas hai aínda sen descubrir? Todas esas preguntas e moitas máis foron respostadas por Toñito que nos amosou algunhas das súas fermosas fotografías. Grazas pola visita! |
|||
Unhas fotos da chala que Vicente Míguez Salgueiro ofreceu no centro sobre as mulleres en Viveiro. Nado en Viveiro, foi mestre das escolas de Celeiro e O Vicedo. O material que aportou sae directamente dos dous libros escritos ou coescritos por el que teñen múltiples datos sobre o tema "Mar gremial das Rías de Viveiro e do Barqueiro" e "Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro" Grazas!
|
|||
Polo pasado Día de Rosalía fixéronse nas titorías paxariñas de papel en formato grande onde se escribiron poemas que logo se levaron ao Instituto María Sarmiento como agasallo. Alí houbo un acto de entrega con lectura de poemas e as paxariñas xa locen no instituto como podedes ver nestas fotografías. |
|||
Á parte do traballo de aula sobre a conmemoración do 8M: no Blogue da Biblioteca tedes toda a información sobre o 8-M no noso centro. Podedes acceder premendo na seguinte fotografía. Un Pasapalabra online sobre as mulleres na nosa localidade e a visita de Vicente Míguez Salgueiro para charlar co alumnado de cuarto, quinto e sexto foron algunhas das actividades no centro.
|
|||
O prazo para presentar solicitudes de admisión para novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 20 do mesmo mes.
As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro educativo.
Normativa de aplicación:
Calendario de aplicación:
1. Publicación de postos escolares vacantes.
2. Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
3. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
4. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.
5. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
6. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.
7. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.
Vacantes para o curso 2023/2024
|
|||||||||||||||||||||||||||||||
Despois de que xa hai case un mes se anunciaran os gañadores e as gañadoras da fase local do Concurso de Poesía de Nadal 2022 resultando premiados por parte do noso alumnado Anne López Ferraz (categoría A, ata 8 anos) e Ashley Michelle Montera Barrero, Lucía Sanjurjo Iglesias e Inés Mariño Gómez (categoría B, de 9 a 12 anos) recibimos a nova de que Anne recibiu un accesit na fase provincial do concurso. Parabéns a Anne e ao resto de participantes. A seguir creando!
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
