|
|||
A Asociación Bágoas da Terra, de Viveiro, visitounos no colexio o pasado mércores para falarnos, cuns modelos moi especiais, da indumentaria tradicional galega. Ás carpetas de recortables editadas pola asociación aportamos, desde o centro, a actividade con recortables a tamaño natural e un "photocall" onde o alumnado poderá facer a fotografía "vestidos" co traxe tradicional. Falaron, ademais, da exposición que haberá no Salón Multiusos do Concello sobre os diferentes traxes tradicionais galegos. Asistiremos a dita exposición despois da boa acollida que tivo entre o alumnado a actividade. Grazas sempre a Bágoas da Terra!
|
|||
Hoxe, día 8 de maio ás 18:30, inaugúrase a exposición da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña, da cal forma parte a nosa biblioteca. Dende o noso centro participamos co traballo "Ás para crear", no que cada aula ten un cubo con información sobre unha das aves que habitan temporal ou definitivamente a nosa contorna. Invitámosvos a pasar pola sala multiusos do Concello de Viveiro calquera día de luns a xoves e visitar a exposición ou calquera das ofertas do programa de actividades que van asociadas a ela: LUNS 08/05/2023 ACTO DE INAUGURACIÓN 18:30h
MARTES 09/05/2023 18:30h
MÉRCORES 10/05/2023 18:30h
XOVES 11/05/2022 12:00h no teatro Pastor Díaz
ACTO DE CLAUSURA 18:30h
|
|||
Informamos de que o próximo luns día 8 de maio estará aberto o prazo de solicitude das Becas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo. BENEFICIARIOS - Alumnos con NEAE derivadas de discapacidade. - Alumnos con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). - Alumnos con Trastorno Grave da Conducta. - Alumnos con Trastorno Grave da Comunicación e da Linguaxe. - Alumnos con Trastorno do Espectro Autista (TEA). - Alumnos con Altas Capacidades.
REQUISITOS 1. Ter cumpridos os dous anos de idade o 31 de decembro de 2022. 2. Estar escolarizado nun centro da administración educativa competente no momento de presentar a solicitude, cursando algúns do niveis educativos especificados na Resolución.
3. Acreditar a NEAE mediante: - Certificado de discapacidade de, polo menos, o 33% nos casos dos alumnos con discapacidade. - Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do Departamento de Orientación no caso de alumnos con Trastornos Graves da Conducta e Trastornos Graves da Comunicación e a Linguaxe. - As familias que sexan familia numerosa deberán acreditar tamén esta condición.
Os alumnos con TEA deberán, ademais, aportar un certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos.
COMO SOLICITALA? As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na seguinte ligazón: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886
ONDE ENTREGALA? Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo en formato PDF e presentalo xunto coa súa sinatura e a dos membros computables da familia no centro educativo onde o alumno estea matriculado o vindeiro curso 2023 – 2024. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES O prazo para presentar solicitudes estará aberto desde o 08/05/2023 ata o 20/09/2023, ambos inclusive.
ONDE PODO CONSULTAR O ESTADO DA MIÑA TRAMITACIÓN? A información sobre o estado da tramitación do procedemento poderá consultarse a través da dirección electrónica https://sede.educacion.gob.es/portada.html no apartado “Mis expedientes”. Así mesmo os interesados poderán dirixirse á Unidade de Becas de Lugo identificándose como interesados no expediente co NIF ou NIE correspondentes. Toda esta información poderá consultarse na Resolución da Secretaría do Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso académico 2023/2024. Neste anterior documento tamén se poderán consultar os umbrais de renda e patrimonio que forman parte dos requisitos económicos das familias solicitantes así como as clases de contías e subsidios aos que poden optar. Información máis resumida nesta ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html Nesta convocatoria inclúese tamén o subsidio extra de 400€ por gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo. Son de contía fixa e finalidade xeral e poderá ser percibido por tódolos solicitantes que reúnan os requisitos dos artigos 2 e 3 de dita convocatoria. |
|||
Onte instaláronse no centro nove paneis dixitais interactivos para todas as aulas de 1º, 2º, 3º e 4º. Son paneis de 75 polgadas en resolución 4K con teclado toucpad inalámbrico, webcam e altofalantes integrados. Veñen substituír os antigos proxectores, pizarras dixitais, ordenadores de aula e altofalantes, xa que teñen integrado todo no mesmo dispositivo. Seguro que lles daremos moi bo uso!
|
|||
|
|||
Esta fin de semana 14 nenas e nenos do noso colexio participaron no evento Ourencanto, no que 445 participantes encheron o auditorio de Ourense de música vocal. Baixo a dirección de Josu Elberdin tiveron unhas longas e cansas xornadas de ensaio que pagaron a pena co resultado do concerto final. Grazas ás persoas participantes e as súas familias que tanto esforzo fixeron viaxando. Agardamos que pagase a pena! |
|||
Fermosa xornada a última do trimestre co circuito de xogos populares. Parecía que non pero o tempo respectou a xornada e gozamos xusto antes das merecidas vacacións. Vémonos o terceiro trimestre! |
|||
|
|||
O pasado xoves houbo reunión de afillados e padriños coa seguinte premisa: facer un haiku, unha composición de tres versos sen necesidade de rima con estrutura 5-7-5. O resultado? Espectacular!
Tedes máis información no blogue da biblioteca. |
|||
Como xa fixemos o ano pasado, retomamos pola primavera o intercambio de lecturas de poemas na praza co alumnado da EEI San Roque, alumnado adscrito ao noso centro. Este martes o alumnado de primeiro xuntouse co alumnado de 5º de Educación infantil e alí intercambiamos versos. No noso caso acompañados de música cos poemas "A señora abella" e "Dos bichos" que soaron na praza para as nenas e os nenos da EEI San Roque e para toda a xente que se achegou por alí. O vindeiro martes será o alumnado de segundo o que irá á ofrecer as súas historias ao alumnado de 6º de Ed. infantil. |
|||
O clube de lectura segue a súa andaina que podedes seguir no seu blogue e, xa hai un tempo, intercambiaron este vídeo co alumnado do Clube de Lectura do IES María Sarmiento sobre o libro dese mes: Sonríe. Paga a pena velo. |
|||
Onte, 10 de marzo, e seguindo o PDI do centro este ano (Ás para voar) visitounos o ornitólogo (ou paxareiro, como lle gusta a el) do Barqueiro Antonio Martínez Pernas, "Toñito". Con el aprendemos moito sobre as aves que se poden ver no Concello de Viveiro e arredores xa que, como insistiu Toñito, os paxaros non coñecen de Concellos. Cantas aves se poden ver nun ano en Viveiro? En Galicia? Na Península Ibérica? Cantas hai aínda sen descubrir? Todas esas preguntas e moitas máis foron respostadas por Toñito que nos amosou algunhas das súas fermosas fotografías. Grazas pola visita! |
|||
Unhas fotos da chala que Vicente Míguez Salgueiro ofreceu no centro sobre as mulleres en Viveiro. Nado en Viveiro, foi mestre das escolas de Celeiro e O Vicedo. O material que aportou sae directamente dos dous libros escritos ou coescritos por el que teñen múltiples datos sobre o tema "Mar gremial das Rías de Viveiro e do Barqueiro" e "Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro" Grazas!
|
|||
Polo pasado Día de Rosalía fixéronse nas titorías paxariñas de papel en formato grande onde se escribiron poemas que logo se levaron ao Instituto María Sarmiento como agasallo. Alí houbo un acto de entrega con lectura de poemas e as paxariñas xa locen no instituto como podedes ver nestas fotografías. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »