Paneis dixitais interactivos

Onte instaláronse no centro nove paneis dixitais interactivos para todas as aulas de 1º, 2º, 3º e 4º. Son paneis de 75 polgadas en resolución 4K con teclado toucpad inalámbrico, webcam e altofalantes integrados.

Veñen substituír os antigos proxectores, pizarras dixitais, ordenadores de aula e altofalantes, xa que teñen integrado todo no mesmo dispositivo.

Seguro que lles daremos moi bo uso!