______________________________
O chalano 2016
Ola a todos/as, como todos os anos aquí tedes o xornal do colexio " O Chalano 2016 " en formato dixital. Agardamos que vos guste !!
O Chalano / Colexio Lois Tobío
A lenda da Cova da Doncela. Entre abruptos cantís e maravillosas praias de area branca e fina, atopamos unha cova. Está ao Norte da provincia de Lugo, en Viveiro. Contan que unha xoven e fermosa doncela de cabelos louros coma o ouro e un vestido largo e branco, está atrapada na cova. Cada ano, na noite de San Xoán, sae da cova e baixa polos cantís ata a praia para bañarse na auga brilante e cristalina.
______________________________
EDL 2015-2016 (a modo de presentación)
Neste espazo da nosa páxina Web do colexio, iremos expoñendo
materiais relacionados coa língua e cultura galega e costumes
propias da nosa comunidade tales como: celebracións (Samaín,
Magosto, Entroido….), Día das Letras galegas, etc….
Agardamos que vos resulte entretido e de utilidade.
O Chalano 2016
( folla en branco para soporte de traballos )
Entroido 2016
Modelos de disfraz para os alumnos/as de Primeiro Curso
Modelos de disfraz para os alumnos/as de Segundo Curso
________________________
Concurso de Cómics 2015/2016
Unha tarde de aventuras no Nadal
Gañador do Primeiro Ciclo: Camilo Leal Amor
Gañador do Segundo Ciclo: Lander Eijo Sanjurjo
Gañador do Terceiro Ciclo: Laura Ríos Vázquez
Accésit: Pedro Canoura Quirce
________________________
Enlace a fotos do Samaín
Samaín 2015- 2016
Na última semana de outubro celebramos a antigua festividade
Celta do Samaín, chamado tamén Halloween nos países de fala
inglesa, fixemos unha exposición de cabazas elaboradas polos
nenos e nenas e pola gran cantidade que trouxeron e a calidade
das “creacións”, resultou todo un éxito. Algunhas delas… case:
obras de arte. Dende aquí queremos agradecer a colaboración
das familias pola sua implicación no desenvolvemento desta
actividade.
Enlace a fotos do Magosto
Magosto 2015 -2016
O 6 de Novembro, coma tódolos anos, celebramos o Magosto.
Fai anos, a castaña era un dos alimentos básicos na nosa
dieta e consumíase todo o ano. Degustamos unhas estupendas
castañas asadas, acompañados pola interpretación musical
dalguns nenos e nenas que tocaron a gaita axudados pola
profe Alejandra e o noso mestre de música Manuel.
Alguns deles ata se atreveron a bailar : A saia de Carolina!.
Tamén algúns pais e nais colaboraron activamente no asado
e no reparto das catañas… Unha vez máis, graciñas por
estar ahí acompañándonos e animándonos para facer
posible que todo saia ben e vaia adiante.