Os mandados do Meco

DÍA DA PAZ. BANDEIRAS BRANCAS PARA A INFANCIA

  O día de 30 de xaneiro, celebramos o día da  PAZ , dunha maneira moi especial...varios centros da microrrede de bibliotecas da Mariña ,realizamos unhas bandeira de cor branca e izámolas polo noso patio para manifestarnos contra todo tipo de violencia.

Esta iniciativa é promovida por UNICEF , e neste centro abordámolo nas aulas.

MURAL POLA PAZ

Realizamos este mural  da PAZ , de maneira colaborativa, entre todos os niveis do cole.

Quedounos super bonito e así decoramos a nosa entrada do edificio grande !!!

RESERVA DE PLAZA PARA O CURSO 2024-2025

 

Por estar o noso centro adscrito ao IES VILAR PONTE, todo o alumnado de 6º que remata a etapa de Educación Primaria, ten dereito prioritario para continuar os seus estudos nese IES.

Segundo a Orde do 21 de outubro de 2022, para os efectos de reserva de praza, o alumnado que queira continuar estudos nun centro de adscrición, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado o formulario normalizado ED550A que se publica como anexo I desta orde.

Os pais/nais ou titores legais do alumnado poderán entregar as solicitude mencionada na secretaría do noso colexio (CEP Lois Tobío) entre os días 15 de xaneiro e 4 de febreiro.

De maneira opcional poderán facelo tamén empregando a aplicación admisiónalumnado, accesible no Portal educativo da Xunta. A través desta ferramenta as persoas interesadas poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de praza ou de admisión, presentar a solicitude de reserva ou de admisión de forma electrónica (acompañada de copias en soporte electrónico da documentación), así como consultar o estado de tramitación da súa solicitude.

O alumnado que teña pensado continuar estudos nun centro distinto ao adscrito, terá que presentar solicitude da admisión no centro escollido entre o 1 e o 20 de marzo.

Unha vez que se obteña praza, por reserva ou admisión, terán que facer efectiva a matrícula a finais de xuño.

 

 

APALPADOR DOMUS VI

Como  de costume, todos os anos polo Nadal, visitanos o Apalpador de Domus Vi cos seus axudantes!!

É unha delicia pasar tempo con vós!! Grazas por facer aos nenos/as de 1º tan felices. Esperamosvos para o seguinte ano.

Roteiro por Viveiro co trasno de San Roque

O noso alumnado de 1º ciclo fixo un roteiro por Viveiro, co trasno de San Roque o cal nos amosou moitas rúas e moitas fachadas adicadas ao xénero femenino.

Grazas trasno moito aprendimos de ti!!!

Visita ao Belén de Viveiro

Hoxe, o noso alumnado de 5º , estivo de visita polo Belén de Santa María.

DIVERTIRONSE MOITOOOO!!!

CHARLA CACHARELA

Hoxe  no cole ,disfrutamos moito con Rodrigo, de Cacharela de Covas, que nos ensinou os instrumentos como  tambor, gaita etc... e deixounos probar a facer música.

VISITA DE ADEGA

Os nosos nenos/as de 1º E.P tiveron a visita da asociación " ADEGA"  fixeron e pintaron unhas xardineiras super chulas!!

Son uns e unhas artistas!!

 

CHARLA SOBRE NUTRICIÓN

Esta semana tivemos unhas charlas sobre nutrición para todo o noso alumnado!!Moito aprendimos e sobre todo divertímonos a esgalla!!!

Distribuir contido