Día das Bibliotecas

O noso alumnado de primeiro ciclo celebrou o Día das Bibliotecas no CEP Lois Tobío con resolución de mensaxes secretas e creación de pulseiras con Biblioreta como protagonista. Día perfecto!

 

SuperArte no Lois Tobío

O IV certame de teatro feito por persoas con diversidade funcional "SuperArte" ten lugar en Viveiro do 17 ao 23 de outubro e, este ano, pasou de visita por centros da zona para falar ao alumnado sobre as enfermidades raras, un tema que foi do interese do alumnado, que participou activamente no obradoiro.

Deixamos nas seguintes imaxes a testemuña da súa visita e tamén o programa completo de actividades.

 

Moitas grazas!

 

 

 

 

CONCURSO NA BIBLIOTECA

Na nosa biblioteca hai un concurso en marcha para a creación da mascota para o proxecto deste ano: "Ás para crear". O alumnado de cuarto, quinto e sexto votará cal das mascotas seleccionadas será a protagonista do proxecto. Pódense ver todas as propostas premendo na seguinte imaxe:

                                       

 

 

Ampliación de axudas para adquirir material escolar

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que amplía as axudas para adquirir material escolar para aqueles alumn@s que xa recibiron 50€. Dito alumnado obterá agora outros 25€ sen facer ningún trámite adicional. Poderedes recoller o cheque adicional o martes ou o mércores 16 a18 horas e deberá empregarse preferentemente na libraría/ establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

PREME AQUÍ PARA VER A NOVA NA PÁXINA DA CONSELLERÍA

O ALUMNADO DE SEGUNDO EN RADIO CLÁSICA

O noso alumnado de segundo gravou durante as pasadas semanas un programa para o programa infantil de Radio Clásica "Crescendo". Durante o programa falaron de Chicken Reel, unha obra composta por Leroy Anderson e que deu moito xogo nas clases. O traballo deu os seus froitos e o resultado foi estupendo. Parabéns ao noso alumnado!

Podedes escoitar o programa premendo na seguinte imaxe: 

                                   

VISITA DE CACHARELA

Onte recibimos a visita da Asociación Cultural Cacharela, que nos mostrou en que consiste a súa actividade e convidou a todo o alumnado a coñecer algo máis sobre a música e baile tradicionais. As fotografías e vídeos dan boa fe de que o alumnado se implicou na actividade.

Grazas!

LISTAXE DE MATERIAIS PARA OS DISTINTOS NIVEIS, CURSO 2022-2023

ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS DO CENTRO CURSO 2022-2023

HORARIO DE ENTRADAS

 

Todo o alumnado pode entrar no recinto dende que se abren as portas as 9:20 horas ata as 9:35 que comezan as clases, a medida que vaian entrando irán subindo para as aulas, agás o primeiro día, que formarán filas co mestre titor no patio.

 

REPARTO DE PORTAS PARA AS ENTRADAS

1º e 2º curso  entra polas portas pequenas en fronte do edificio pequeno.

3º e 4º curso entra pola porta principal pequena.

5º e 6º curso  entra pola verxa grande do patio.

 

Alumno transportado entra pola verxa grande do patio.

 

 

HORARIO DE SAIDA

Todo o alumnado sae do centro ás 14:35 se non vai asistir ao comedor.

As familias poden entrar no recinto 5 minutos antes de que toque o timbre para facer a recollida dos nenos/as.

 

REPARTO DAS FAMILIAS PARA A RECOLLIDA

1º e 2º curso na fronte do edificio pequeno.

3º e 4º curso na fronte do edificio grande.

5º e 6º curso na traseira do edificio grande.

 

Alumno transportado sae pola verxa grande do patio.

 

ALUMNADO DE COMEDOR

 Saen por grupo de nivel as 15:30 (aprox) pola porta principal pequena.

COMEDOR 2022/2023

A día 1 de setembro de 2022, dado que hai máis solicitudes que plazas dispoñibles no comedor, quedan en lista de espera catro solicitantes. A lista pode consultarse no taboleiro do interior do centro.

E unha lista provisional.

A lista definitiva será publicada, no corcho do centro, o 7 de setembro, logo da reunión do consello escolar.

NOVO REPARTO DE VALES E LIBROS DE PRÉSTAMO

Para todas aquelas familias que non puideron recoller os libros de préstamo e vales de material ou libros en xullo poden facelo o martes día 6 de setembro en horario de tarde de 16 á 18 horas

 

Moitas grazas.

Distribuir contido