Skip to Content

Secretaría

FONDO LIBROS: listaxes provisionais de admitidos e excluídos.

Desde o luns 27 de xuño estarán publicadas no taboleiro interior do centro, as listaxes coa adxudicación provisional de libros de texto para o alumnado que cursará 3º ou 4º de primaria para o curso 2022-2023.

O prazo para a reclamación á listaxe provisional será de dous días tras a publicación: 28 e 29 de xuño de 2022.

As listaxes definitivas serán publicadas o 30 de xuño de 2022.

Os libros da listaxe definitiva entregaranse aos alumnos/as no Centro durante o mes de setembro.

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022/23

Dende hoxe día 19 de maio e ata o 22 de xuño, ábrese o prazo para presentar as solicitudes de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e AXUDAS para adquirir libros de texto e material escolar, para o vindeiro curso académico 2022-2023.

O impreso de solicitude poderá descargarse do arquivo adxunto ou poderá recollerse no centro. 

As solicitudes poderán presentarse por sede electrónica ou de forma presencial no centro.

Publicación das listaxes provisionais das solicitudes de admisión para o curso 2022 - 2023

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias comunicamos que todos os alumnos e alumnas que presentaron a solicitude no noso centro, están admitidos/as para o vindeiro curso 2022-2023.

As listas están expostas no taboleiro de secretaria.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

25 DE ABRIL ÁS 14:30h.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

13 DE MAIO ÁS 14:30h.

MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO

DO 20 AO 30 DE XUÑO

LISTAXE DEFINITIVA FONDO DE LIBROS CURSO 2019-2020

04/07/2019
Europe/Madrid

Achegamos listaxe definitiva do Fondo de Libros do curso 2019-2020.

Poderán pasar pola secretaría do centro para consultar as listaxes e recoller os cheques de material e libros de texto, ata o vindeiro mércores 10 de xullo en horario de 10 a 13 horas. 

VALES LIBROS E MATERIAL

A partir do martes  día 2 de xullo, poden pasar a recoller os vales dos libros e material, pola secretaría do centro.

En horario de 10:00 h – 13:00 h

LISTAXE PROVISIONASL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-2020.

01/07/2019 11:46
Europe/Madrid

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional

LISTAXE DEFINITIVA FONDO DE LIBROS CURSO 2018-2019

Achegamos listaxe definitiva do Fondo de Libros do curso 2018-2019

VALES LIBROS E MATERIAL

A partir do luns día 2 de xullo, poden pasar a recoller os vales dos libros e material pola, secretaría do centro.

En horario de 10:00 h – 13:00 h

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Informamos que a partires de mañá, martes, 22 de maio, xa será posible solicitar as axudas para adquirir material escolar, libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria) e para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto (de 3º a 6º de Educación Primaria), segundo publica a Xunta de Galicia (DOG 21/05/2018). O prazo remata o vindeiro 22 de xuño (venres).

     Todos os interesados poderán acceder a esta información e aos documentos para presentar no centro, a través da páxina web da Consellería de Educación (www.edu.xunta.gal), no enlace a tal efecto que se poderá atopar na web do cole, ou na Secretaría do propio centro, onde se facilitará toda a información necesaria.

     Lémbrase tamén que para solicitar calquera de estas tres cousas, soamente será necesario cubrir o Anexo I.

     Os alumnos de 6º de Primaria que se acollan ao fondo solidario de libros de texto para 1º de ESO, levarán o Anexo I para cubrir, pero terán que tramitar a documentación no instituto no que foron admitidos para o curso 2018-2019.

Enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25009

 

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS CURSO 2018/2019

Distribuir contido


by Dr. Radut