Skip to Content

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Informamos que a partires de mañá, martes, 22 de maio, xa será posible solicitar as axudas para adquirir material escolar, libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria) e para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto (de 3º a 6º de Educación Primaria), segundo publica a Xunta de Galicia (DOG 21/05/2018). O prazo remata o vindeiro 22 de xuño (venres).

     Todos os interesados poderán acceder a esta información e aos documentos para presentar no centro, a través da páxina web da Consellería de Educación (www.edu.xunta.gal), no enlace a tal efecto que se poderá atopar na web do cole, ou na Secretaría do propio centro, onde se facilitará toda a información necesaria.

     Lémbrase tamén que para solicitar calquera de estas tres cousas, soamente será necesario cubrir o Anexo I.

     Os alumnos de 6º de Primaria que se acollan ao fondo solidario de libros de texto para 1º de ESO, levarán o Anexo I para cubrir, pero terán que tramitar a documentación no instituto no que foron admitidos para o curso 2018-2019.

Enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25009

 



page | by Dr. Radut