Skip to Content

1ºA2ºA Ed.Primaria, 1ºB Ed. Primaria, 2ºB Ed. Primaria, 3ºA4ºA Ed. Primaria, 3ºB Ed. Primaria, 4º5º6º INF A, 4ºB Ed. Primaria, 4ºINF B, 5º INF B, 5ºA6ºA Ed. primaria, 5ºB Ed. Primaria, 6º INF B, 6ºBB Ed. Primaria, 6ºBC Ed. Primaria, Arts and Crafts (Sección bilingüe 4º y 5º Ed. Primaria), AVALIACIÓN, Ed. Infantil, Educación Física, ENLACES DE INTERESE, Inglés, Música, Orientación. PT e AL, PROGRAMACIÓNS, Relixión, Valores Socias e Cívicos

Tangram

Ola familias, bos días!

Esperamos que todos vos encontredes ben de saúde e de ánimo.

 

Hoxe deixámosvos un xogo que seguro que coñecedes o TANGRAM pero esta vez tendes que facelo vós para poder xogar.

A continueción adxuntamos un video tutorial para poder facelo e diversas figuras para poñer en xogo o voso inxenio.

Un saúdo do equipo de E.Inf.

 

mais cousiñas 3 30/03/20

EGG HUNT

Imos facer un xogo, EGG HUNT. Para xogar necesitaredes primeiro elaborar una cesta de pascua. Podedes facela de diversas maneiras. No arquivo adxunto hai varios exemplos para facela con materiais q teñades na casa como co cu dunha botella, pratos de cartón, vasos de plástico, un cubo, ect. Calquera idea que teñades podedes tentar facela, decorando a cesta da maneira que máis vos guste. Outra opción é imprimir e colorear a que aparece no arquivo. Despois pegádea nunha cartolina ou cartón, recortamos e montamos.

Agora pedídelle a algún familiar que esconda ovos de chocolate, chuches, moedas ou algunha cousiña que vos guste pola casa.

E comeza a caza do ovo. Cando estea todo preparado podedes buscar que hai escondido pola casa.

Pero ollo, recordade! Non comer todas as chuches no día. Hai que repartilas para todos estes días!

Xogo: Manter lonxe ao coronavirus!

EASTER

Esta semana é a última antes das vacacións de semana santa e con isto a celebración de pascua. Por iso aquí vos quedan máis actividades sobre “EASTER”.

 

-         Xogos online. Aquí poderedes xogar a diversos xogos no ordenador para facer máis amena a corentena.

 

o   Nesta páxina tedes xogos non só para traballar a lingua inglesa se non tamén relacionados con matemáticas, plástica etc.

 

o   Xogos de spelling, match, make pairs.

 

-         Fichas interactivas.

 

FICHAS DE REPASO 3-REINFORCEMENT 2 UNITS 1-2-3-4 -3º/4º/5º/6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, aqui vos deixo outros exercicios para repasar. Recordade que podedes facelos nun folio ou nunha libreta.

3º ED.PRIMARIA

4º ED.PRIMARIA

5º ED.PRIMARIA

6º ED.PRIMARIA

Teatro na casa Actividade AL 3º-4º de Primaria

TAREFA 2: PARA OS NENOS/AS DE 1ºA e 2ºA ( DATA: do 30 de Marzo ao 5 de Abril)

Estimadas familias:

Aquí vos deixo as tarefas para os nenos/as nesta semana. Non vos esquezades de visitar os apartados de ACTIVIDADES PARA A CORENTENA de Inglés, Educación Física, Relixión ou Música

CALQUERA DÚBIDA, POR FAVOR POÑÉDEVOS EN CONTACTO COMIGO.

QUE TEÑADES UNHA SEMANA MARAVILLOSA.

NON VOS DESANIMEDES.

VOLTAREMOS A ESTAR XUNTOS/AS.

ARQUEIROS/AS DE 1ºA e 2ºA

 

 

LECTURA INFANTIL

DIPLOMA

Distribuir contido


by Dr. Radut