Skip to Content

EGG HUNT

Imos facer un xogo, EGG HUNT. Para xogar necesitaredes primeiro elaborar una cesta de pascua. Podedes facela de diversas maneiras. No arquivo adxunto hai varios exemplos para facela con materiais q teñades na casa como co cu dunha botella, pratos de cartón, vasos de plástico, un cubo, ect. Calquera idea que teñades podedes tentar facela, decorando a cesta da maneira que máis vos guste. Outra opción é imprimir e colorear a que aparece no arquivo. Despois pegádea nunha cartolina ou cartón, recortamos e montamos.

Agora pedídelle a algún familiar que esconda ovos de chocolate, chuches, moedas ou algunha cousiña que vos guste pola casa.

E comeza a caza do ovo. Cando estea todo preparado podedes buscar que hai escondido pola casa.

Pero ollo, recordade! Non comer todas as chuches no día. Hai que repartilas para todos estes días!

AdxuntoTamaño
EGG HUNT.pdf266.78 KB


story | by Dr. Radut