Skip to Content

NOVAS INSTRUCCIÓNS PARA A RECOLLIDA DE MATERIAL DIDÁCTICO

Estimadas familias:

 

Como sabedes, desde o pasado luns día 11 de maio restableceuse a mobilidade da poboación dentro da nosa provincia. Por este motivo, e tamén para aliviar o gran esforzo feito polo concello para levar o material didáctico aos diferentes domicilios establécense unhas novas instruccións para o acceso ao material didáctico:

 

Desde o vindeiro martes día 19 de maio haberá dúas únicas opcións para o acceso ao material didáctico semanal enviado polos mestres/as:

 

1.     Descarga directa da páxina web do colexio.

 

Todos os luns subirase o material á paxina web do colexio como ata o de agora. Esta posibilidade implica ter que imprimir o material no domicilio e non ter que acudir ao centro presencialmente a recoller o material. Deberán asimesmo, seguir remitindo vía correo electrónico as actividades realizadas polos nenos/as para a súa revisión e corrección por parte dos mestres/as.

 

2.     Recollida presencial no colexio.

 

Aquelas familias que o desexen poderán recoller presencialmente o material didáctico cada semana baixo unha serie de premisas de obrigado cumprimento:

 

-     A recollida será individual. Acudirá presencialmente ao centro tan só un dos responsables do neno/a.

-     Para evitar aglomeracións, é necesario pedir cita previa xa desde o luns de cada semana, chamando ao teléfono do colexio: 982870089. Non se permitirá o acceso ás instalacións a ninguén sen cita previa.

-     A recepción de chamadas telefónicas e a recollida de material terá lugar no seguinte horario: de 10:30 a 13:30.

-       A recollida do material comezará o martes de cada semana. A cada familia se lle designará un día e unha hora concreta por estricto orde de chamada. Prégase máxima puntualidade.

-       É necesario acudir ao centro con mascarilla e luvas e desinfectar as mans ao chegar con xel hidroalcólico.

-     A recollida de material didáctico terá lugar no recibidor exterior do colexio. O material didáctico estará situado nos bancos co nome do neno/a na parte superior. O responsable deberá recoller o material e deixar no seu lugar as actividades da semana anterior realizadas polos nenos/as para a súa revisión e corrección por parte dos Mestres/as.

 

**NOTA: Para a recollida do resto de material que os nenos/as puideran ter no colexio (roupa, material deportivo, material escolar…) establecerase un prazo concreto que será notificado ás familias no seu debido momento.

 

Moitas gracias pola vosa colaboración.

 

O Director



story | by Dr. Radut