Skip to Content

IMPORTANTE: INFORMACIÓN SOBRE A 2ª AVALIACIÓN

Estimadas familias:

En virtude das instruccións recibidas por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, establécense as seguintes indicacións de cara á formalización da 2ª avaliación do presente curso 2019/2020:  

1. A efectos de dar continuidade ao calendario escolar, o claustro de mestres/as do CEIP Virxe do Corpiño procederá a formalizar na vindeira semana o peche da avaliación do segundo trimestre do presente curso académico 2019/2020. 

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, o peche da avaliación do segundo trimestre formalizarase co traballo desenvolvido ata o 13/03/2020, incluido.

3. Debido ao estado de alarma e a conseguinte situación de confinamento na que nos atopamos, non se poderán entregar os boletíns de notas presencialmente. En consecuencia, as notas serán publicadas a través da plataforma “Espazo Abalar” e da aplicación “Abalar Móvil”, descargable para móviles e tabletas con sistema IOS ou Android (dispoñible en Google Play e en AppStore) 

4. A publicación das notas terá lugar o vindeiro venres día 3 de abril de 2020.

Recibide un cordial saúdo.

O Director

 



story | by Dr. Radut