Skip to Content

ADMISIÓN DE COLABORADORES/AS PARA O COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CORPIÑO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e familiares do alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan no despacho de secretaría do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023 (incluido).

Durante o curso escolar 2023-2024 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

O DIRECTOR



story | by Dr. Radut