Como se fixo público na web do centro no pasado mes de xullo, de conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 as familias dos comensais admitidos no comedor terán que cubrir en todos os seus extremos o modelo impreso de autodeclaración de prezos públicos; autodeclaración que tiña que ser entregada no centro entre o 1/09/2020 e o 10/09/2020
Vencido o prazo de entrega, rogamos que todos/as aqueles pais e nais de alumnado usuario de comedor escolar durante o presente curso 2020/2021 que fixeran a declaración da Renda do ano 2019 envíen ao centro á maior brevidade posible, se non o fixeron aínda, o MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS cuberto e asinado.
De non facelo, o seu fillo/a perdería a condición de usuario/a do comedor escolar.
Anexo | Tamaño |
---|---|
Modelo de Autodeclaración.pdf | 398.1 KB |