Skip to Content

Blogues

Mestra de apoio

 

Ola familias!

Estendendo a miña labor como mestra de apoio e intentando dar continuidade ás clases presenciais, no blogue da Aula de PT vou publicando actividades, xogos e enlaces de interese para repasar e reforzar contidos traballados nas aulas ao longo deste curso.

Espero que sexa de utilidade para toda a Comunidade Educativa.

Un saúdo!

Andrea.

 

Clicade na imaxe

COMEDOR ESCOLAR 2019/2020

O servizo de comedor escolar comezará o mércores 11 de setembro de 2019, e rematará o venres 19 de xuño de 2020.

Os pais, nais ou titores/as legais que desexen que o seu fillo ou filla sexa usuario/a do comedor escolar no curso 2019-2020 deben entregar cuberto no centro o formulario "Anexo II Modelo de autodeclaración e especificacións", incluido no anexo desta publicación, xunto coas instruccións de funcionamento correspondentes ao presente curso escolar.

 

PRAZO DE ENTREGA: DO 1 AO 10 DE SETEMBRO de 2019 (Ambos inclusive)

HORARIO: 10:30 H A 14:00 H

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut