ENTROIDO 2021

Durante esta semana celebramos o Entroido no cole, seguindo as ordes da Señora Marquesa de Vilaxoán que nos mandou levar un lunar pintado na cara, os zapatos distintos e cor nun mechón do pelo.

O venres tivémonos que adaptar a festa á situación que estamos a vivir polo que non puidemos facer o desfile no patio para mostrar os nosos disfraces aos compañeiros/as doutros cursos e as familias e tivemos que conformarnos con que nos virán os nosos compañeiros/as de clase e cun recreo que foi un pouco máis longo.

Tampouco degustamos os tradicionais doces de entroido pero no seu lugar tomamos un chocolate con churros.

Se queredes saber como eran os nosos disfraces mirade as fotos.

VER FOTOS ENTROIDO 2021