Entroido

ENTROIDO 2020

O 21 de Febreiro celebramos o Entroido no centro. Este ano como estamos de aniversario os nosos disfraces foron de gala e desfilamos ao son de grandes éxitos musicais das últimas décadas.

 

Como ven sendo habitual, despois do desfile degustamos doces típicos destas datas aportados polas familias do alumnado.

VER FOTOS ENTROIDO 2020

VER VÍDEO DESFILE ENTROIDO I                 VER VÍDEO DESFILE ENTROIDO II

VER VÍDEO DANCE MONKEY 6º A                                   VER VÍDEO PARTY ROCK 6º B

ENTROIDO 2019

Un ano máis chega o Entroido e no cole non deixamos pasar a oportunidade de disfrazarnos, desfilar para amosar o guapos e guapas que nos puxemos, bailar as nosas coreografías, tocar unha "batukada" e repoñer forzas comendo os doces que trouxemos para compartir co resto do alumnado, o profesorado e as familias.

Os disfraces deste ano foron:

- Educación Infantil; Artistas do reciclaxe

- 1º de Primaria; Mergurlladores limpando o mar.

- 2º de Primaria: Bombeiros de Vilaxoán.

- 3º e 4º de Primaria: O conto do Colibrí.

- 5º Primaria; Fondo do mar.

- 6º Primaria; Mar de loito.

VER FOTOS ENTROIDO 2019

ENTROIDO 2018

O venres 9 de Febreiro celebramos no cole a nosa festa de Entroido na que os nenos e nenas dos distintos cursos mostraron os seus disfraces no desfile que organizamos no patio:

- Educación Infantil; trasgos

- 1º Primaria; pintores

- 2º Primaria: xardineiros

- 3º Primaria: vacas

- 4º Primaria; panadeiros e pasteleiros

- 5º Primaria; deportistas e animadoras

- 6º Primaria; viaxeiros e turistas.

Unha vez finalizado o desfile repuxeron forzas comendo os doces de entroido elaborados a tarde anterior no taller de cociña organizado pola Escola de Pais e Nais e outros doces que trouxeron os rapaces e rapazas da casa. Todo estivo moi rico.

VER FOTOS ENTROIDO 2018

ENTROIDO 17

Este ano os disfrace de entroido centráronse no proxecto de investigación que estamos levando a cabo.

Os nenos e nenas de Educación Infantil disfrazáronse de gotas de auga. O alumnado de 1º e 2º transformáronse en pequenos científicos ao igual que os rapaces e rapazas de 5º e 6º.  O alumnado de 3º disfrazáronse de mariscadores e mariscadoras e os nenos e nenas de 4º de abellas e apicultores.

A festa comezou cun gran desfile no patio para a continuación degustar os doces típicos destas datas.

VER FOTOS ENTROIDO 2017

ENTROIDO 2016

Un ano máis celebramos o Entroido no cole.

De martes a xoves tivemos que cumprir os mandados da Marquesa de Vilaxoán que nos fixo poñer algo na cabeza, algo ao redor do pescozo e unhas gafas.

O venres foi o día grande co desfile de Entroido onde vimos unha gran variedade de disfraces, tras o desfile degustamos doces típicos destas datas.

ENTROIDO 2015

Este ano, o mal tempo non nos permitiu realizar o desfile de Entroido polo todo patio, pero como as nosas ganas de diversión eras maiores que a choiva e que o vento, fixemos un pequeno desfile no patio cuberto antes de pasar a degustar as filloas e outros doces de Entroido que foron elaborados polas familias e pola ANPA do cole.

Durante toda esta semana tivemos que cumprir as ordes da Marquesa de Vilaxoán que mandounos deixar crecer o bigote, vestirnos cun mandil e poñer dous zapatos distintos.

PREPRANDO O ENTROIDO 2014

Esta semana recibimos a visita da Excelentísima Marquesa de Vilaxoán que veu ata o cole para darnos as ordes de Entroido.

O martes o cole encheuse de nenos, nenas e profes con bigote.

O mércoles como facía moito frío mandounos traer unha bufanda para no arrefríar.

Finalmente o xoves como se atopaba un pouco cansa mandou vir ao cole en pixama ou camisón

ENTROIDO 2013

Outra vez chega o Entroido e no cole queremos pasalo ben nesta divertida festa polo que organizamos varias actividades.

Comezamos pouco a pouco seguindo as ordes de Dona Faxilda: o martes tivemos que poñer unha prenda do revés, o mércores pintamos as caras e o xoves colocamos gorros, gorras, sombreiros e outros adornos sobre as nosas cabezas.

O día grande foi o venres 8 no que fixemos o desfile de Entroido no patio do cole, onde puidemos ver unha gran variedade de disfraces.

Tras o desfile degustamos doces de Entroido que prepararon os membros da ANPA e doces que trouxemos da casa.

ENTROIDO 2012

Durante esta semana previa ao Entroido estivémonos preparándonos seguind o as indicación de Maruxa. 

O luns tivemos que traer un gorro.

O martes vir abrigados cunha bufanda.

O mércores pintarnos un lunar na cara. 

Finalmente o xoves para demostrar que estamos en crise e os petos están baleiros tivemos que poñelos do revés.

 

O venres 17 celebramos a festa do Entroido polo que todo o alumnado e algunhas profes disfrazámonos para participar nun pequeno desfile e cantar a chirigota coa melodía canción "Ai se che pego" que tanto está soando ultimamente.

Este ano non nos centramos nunha temática polo que os disfraces foron moi variados.


Despois de desfilar e cantar repoñemos forzas cuns zumes e un doces.

LETRA CHIRIGOTA

ENTROIDO 2011

O venres 4 de Marzo celebramos no cole a festa de Entroido. Este ano a temática foi a música clásica.

O alumnado de Educación Infantil e de 1º de Primaria escolleron a obra de Vivaldi “Las cuatro estaciones” como inspiración dos seus disfraces, así os rapaces e rapazas de EI 3 anos representaron a primavera disfrazados de flores, pola súa banda os nenos e nenas convertéronse en bonecos de neve do frío inverno, o alumnado de 5 anos brillaron como soles no verán e finalmente os nenos e nenas de 1º disfrazáronse das follas do outono.

Contamos coa presenza da orquestra de 2º de primaria na que no faltou ningún dos principais instrumentos.

O alumnado de 3º e 4º disfrazáronse das distintas personaxes da obra de Tchaikoski “ El cascanueces, mentres que os nenos e nenas de 5º centráronse na obra “ El lago de los cisnes” do mesmo autor disfrazándose de fermosas bailarinas e apostos príncipes.

A música  de Jazz do New York dos anos vinte foi o que inspirou os disfraces do alumnado de 6º que fixo unha pequena representación dun club de Jazz da época.

 

 

Despois do desfile de tódolos cursos, tivemos unha pequena sesión de baile de Entroido e repuxemos forzas degustando doces típicos destas datas que levou o alumnado e orellas elaboradas no propio centro polos membros da ANPA. 

Distribuir contido