Solicitude de admisión
ADMISIÓN DE ALUMNADO
NORMATIVA APLICABLE AO PROCESO DE ADMISIÓN
SOLICITUDE DE ADMISIÓN Realizarase do 1 ao 20 de marzo de 2023 entregando no centro o ANEXO II: ADMISIÓN DE ALUMNADO Este Anexo II pode: - Recollerse no centro a partir do 1 de Marzo. - Descargarse dende o enlace anterior para imprimilo e cubrilo a man. - Descargarse dende o enlace anterior, cubrir os datos no ordenador e posteriormente imprimilo.
A solicitude deberá ser entregada no centro conxuntamente con:
A solicitude tamén poderá ser entregada no prazo indicado mediante a Sede Electrónica utilizando a aplicación ADMISIÓN ALUMNADO .
A presentación de máis dunha solicitude poderá dar lugar á perda dos dereitos de admisión.
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS CURSO 2023/2024 4º Educación Infantil (3 anos) - 22 Prazas ordinarias - 3 Prazas NEAE 5º Educación Infantil (4 anos) - 7 Prazas ordinarias 6º Educación Infantil (5 anos) - 10 Prazas ordinarias 1º Educación Primaria - 2 Prazas ordinarias - 2 Prazas NEAE 2º Educación Primaria - 6 Prazas ordinaria 3º Educación Primaria - 14 Prazas ordinaria 4º Educación Primaria - 24 Prazas ordinaria 5º Educación Primaria - 2 Prazas ordinarias 6º Educación Primaria - 8 Prazas ordinarias
ADSCRICIÓN O noso centro ten adscrita a unitaria de Aralde e está adscrito ao IES Armando Cotarelo Valledor.
BAREMACIÓN No caso de haber máis solicitudes que prazas procederase a baremar en función dos criterios establecidos na orde e no decreto que rexen este proceso de admisión do alumnado. Os documentos a achegar para xustificar os criterios alegados na solicitude de admisión, así e como a valoración de cada un deles pódese consultar neste enlace CRITERIOS XERAIS DO BAREMO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO. De ser necesaria realizar o proceso de baremación indicaranse no seu momento o prazo para a presentación da documentación.
ÁREAS DE INFLUENCIA DO CENTRO
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO
INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2023/2024
O listado provisional de admitidos publicarase antes do 25 de Abril. O número de identificación da instancia é o que se lle asignou cando foi entregada no centro. O prazo de reclamacións aos listados provisionais de admitidos é de 5 días hábiles a partir do día seguinte da súa publicación. O listado definitivo de admitidos publicarase antes do 15 de Maio A formalización da matrícula realizarase do 20 ao 30 de Xuño |
