MAGOSTO 2015
O venres 13 de novembro celebramos o Magosto no cole. Este ano por mor das obras do patio dos pequenos, tivemos que facer algúns cambios nos xogos populares. Os nenos e nenas de Infantil e 1º participaron nos xogos organizados no patio cuberto, mentres que o resto do alumnado participou nos xogos organizados no pavillón.
Unha vez rematados os xogos comemos as castañas que foron asadas polos pais e nais da ANPA. |