Magosto

MAGOSTO 2023

O venres 10 de Novembro celebramos o Magosto no cole.

Coma xa é tradición abrimos o apetito participando nos xogos populares mentres os membros da ANPA do cole asaba as castañas que acompañamos de "choripáns".

E nunha festa non pode faltar a música polo que cantamos a canción "A castaña viaxeira".

Se queredes ver o ben que o pasamos pica na imaxe.

MAGOSTO 2022

Este venres 11 de Novembro celebramos o Magosto no cole.

Comezamos a festa participando en distintos xogos populares organizados no patio cuberto e no pavillón: encestar a castaña, camiñar sobre os zancos, saltar á corda, guiar o aro, tirar os bolos e as latas, lanzar a ferradura, tirar da corda, facer carreiras de chapas e de castañas...

Tras os xogos dirixímonos ao patio do areal para cantar "Tres castañas polo chan" e rematamos a festa comendo uns "choripáns" e as castañas que foron asadas polos membros da ANPA do cole.

Dende aquí queremos agradecer a colaboración da ANPA no asado das castañas e a colaboración do alumnado de 6º na organización dos xogos populares xa que sen eles non poderíamos realizar o NOSO MAGOSTO.

VER FOTOS MAGOSTO 2022

MAGOSTO 2021

O venres 12 de Novembro nun día fresco pero soleado celebramos o Magosto no cole.

Como todos os anos contamos coa inestimable colaboración da nosa ANPA que se encargou do asado das castañas e ademais convidounos a uns deliciosos "choripáns".

Os cursos saíron ao patio por quendas para ver como se asaban as castañas.

Posteriormente o alumnado distribuíse polas distintas zonas do patio respectando os grupos burbulla para poder comer tranquilamente as castañas ao aire libre e participar nos xogos do pano e da desaparición dos aros.

VER FOTOS MAGOSTO 2021

MAGOSTO 2020

O venres 13 de Novembro celebramos no cole o noso Magosto.

Este ano foi un pouco diferente xa que non realizamos os xogos tradicionais e tivemos que comer as castañas nas aulas.

O concello prestounos o asador para que puidéramos comer as castañas quentiñas e a ANPA convidounos a "choripáns" que estaban moi ricos.

VER FOTOS MAGOSTO 2020

MAGOSTO 2019

O 15 de Novembro celebramos o Magosto no cole. Comezamos ás 11:10 vendo como os membros da ANPA asaban as castañas e a continuación repartímonos entre os patio do areal e o pavillón para participar nos xogos populares.

Ás 12:00 os nenos e nenas de Infantil 4 anos e de 3º de Educación Primaria cantaron, acompañados de percusión, a canción popular "Tres castañas polo chan", unha vez finalizada, chegou o momento de papar as castañas e os bolos con chourizo.

Rematamos a festa coa actuación de Dani Barreiro and Friends.

 

 

VER FOTOS MAGOSTO 2019

VER VÍDEO MAGOSTO 2019

 

MAGOSTO 18

Para irnos preparando para o Magosto ao longo desta semana tivemos unha exposición de buxainas e nos recreos pais do alumnado achegáronse ata o cole para ensinarlle aos rapaces a bailar a buxaina.

O venres 16 foi o gran día, comezamos vendo como pais e nais da ANPA asaban as castañas, cantamos coplas con temática do Magosto, bailamos unha muñeira e fixemos unha exhibición de buxainas. A continuación foi o momento dos xogos populares: soga tira, birlos, ferradura, guiar o aro, carreira de chapas, tiralatas, carreira de sacos, carreira de castañas...

Para repoñer forzas comimos as castaña e bolos recheos de chourizo.



VER FOTOS MAGOSTO 18

MAGOSTO 17

Como é tradicional, o 10 de Novembro celebramos no cole un Magosto.

Mentres os membros da ANPA asaban as castañas, os nenos e nenas participaron en distintos xogos populares que organizamos para os máis pequenos no patio cuberto e para os maiores no pavillón.

Xogaron á soga tira, ás carreiras de sacos, cos zancos, á desaparición dos aros, ao tiralatas, á ferradura, aos birlos, ás chapas...

Unha vez finalizados os xogos, todos degustaron as castañas e boliños con chorizo, acompañados de agua e zumes.

VER FOTOS MAGOSTO 17

MAGOSTO 2016

Coma xa é tradicional o 11 de Novembro celebramos o Magosto no cole.

Comezamos cos xogos populares nos que o alumnado puido desprazarse sobre os zancos, comprobar a súa forza coa sogatira, exercitar a súa puntería coa ferradura, o tira latas ou os bolos, participar en carreiras sen que lles caera a castaña, saltando dentro dos sacos ou golpeando as súas chapas no circuíto, ver a súa habilidade levando o aro ou saltando á comba...

Despois chegou o momento de desgustar as castañas que foron asadas por membros da ANPA.

VER FOTOS MAGOSTO 16

MAGOSTO 2015

O venres 13 de novembro celebramos o Magosto no cole.

Este ano por mor das obras do patio dos pequenos, tivemos que facer algúns cambios nos xogos populares. Os nenos e nenas de Infantil e 1º participaron nos xogos organizados no patio cuberto, mentres que o resto do alumnado participou nos xogos organizados no pavillón.

Unha vez rematados os xogos comemos as castañas que foron  asadas polos pais e nais da ANPA.

MAGOSTO 2014

O 14 de Novembro tivemos o Magosto no cole. Este ano o tempo non nos acompañou polo que tivemos que suspender os xogos populares e a exhibición de buxaina.

Como a choiva non parou en toda a mañá, os pequenos de Educación Infantil e os nenos e nenas de 1º  a 4º de primaria tivemos que comer as castañas na clase.

Distribuir contido