ENTROIDO 2023

Seguindo a tradición, outro ano máis, celebramos o Entroido no cole con distintas actividade ao longo da semana.

Comezamos cumprindo os mandados da "Maquesa de Vilaxoán" que este ano viu disfrazada de Marqués. Tivemos que pintar un lunar na cara, levar algo de cor vermello, poñer unh pano na cabeza e disfrazarnos libremente.

Organizamos dúas charlas, unha a cargo dun compoñente da "Peña Solfato" que nos falou de como era o Entroido nos tempos da ditadura e a outra realizada varios integrantes da comparsa "Marajota e media" que nos amenizaron coas súas cancións.

Pica na imaxe para ver as fotos das actividades de Entroido

O venres desfilamos polos arredores do colexio acompañando a nosa sardiña para o que vestímonos de "Peña Solfato" e de "choronas".

Pica na imaxe para ver as fotos do Entroido

Rematamos a festa comendo doces típicos destas datas que foron traídos polo alumnado.

Pica na imaxe para ver o vídeo do desfile de Entroido