Entroido

ENTROIDO 2013

Outra vez chega o Entroido e no cole queremos pasalo ben nesta divertida festa polo que organizamos varias actividades.

Comezamos pouco a pouco seguindo as ordes de Dona Faxilda: o martes tivemos que poñer unha prenda do revés, o mércores pintamos as caras e o xoves colocamos gorros, gorras, sombreiros e outros adornos sobre as nosas cabezas.

O día grande foi o venres 8 no que fixemos o desfile de Entroido no patio do cole, onde puidemos ver unha gran variedade de disfraces.

Tras o desfile degustamos doces de Entroido que prepararon os membros da ANPA e doces que trouxemos da casa.

ENTROIDO 2012

Durante esta semana previa ao Entroido estivémonos preparándonos seguind o as indicación de Maruxa. 

O luns tivemos que traer un gorro.

O martes vir abrigados cunha bufanda.

O mércores pintarnos un lunar na cara. 

Finalmente o xoves para demostrar que estamos en crise e os petos están baleiros tivemos que poñelos do revés.

 

O venres 17 celebramos a festa do Entroido polo que todo o alumnado e algunhas profes disfrazámonos para participar nun pequeno desfile e cantar a chirigota coa melodía canción "Ai se che pego" que tanto está soando ultimamente.

Este ano non nos centramos nunha temática polo que os disfraces foron moi variados.


Despois de desfilar e cantar repoñemos forzas cuns zumes e un doces.

LETRA CHIRIGOTA

ENTROIDO 2011

O venres 4 de Marzo celebramos no cole a festa de Entroido. Este ano a temática foi a música clásica.

O alumnado de Educación Infantil e de 1º de Primaria escolleron a obra de Vivaldi “Las cuatro estaciones” como inspiración dos seus disfraces, así os rapaces e rapazas de EI 3 anos representaron a primavera disfrazados de flores, pola súa banda os nenos e nenas convertéronse en bonecos de neve do frío inverno, o alumnado de 5 anos brillaron como soles no verán e finalmente os nenos e nenas de 1º disfrazáronse das follas do outono.

Contamos coa presenza da orquestra de 2º de primaria na que no faltou ningún dos principais instrumentos.

O alumnado de 3º e 4º disfrazáronse das distintas personaxes da obra de Tchaikoski “ El cascanueces, mentres que os nenos e nenas de 5º centráronse na obra “ El lago de los cisnes” do mesmo autor disfrazándose de fermosas bailarinas e apostos príncipes.

A música  de Jazz do New York dos anos vinte foi o que inspirou os disfraces do alumnado de 6º que fixo unha pequena representación dun club de Jazz da época.

 

 

Despois do desfile de tódolos cursos, tivemos unha pequena sesión de baile de Entroido e repuxemos forzas degustando doces típicos destas datas que levou o alumnado e orellas elaboradas no propio centro polos membros da ANPA. 

ENTROIDO 2010

 O venres 12 de Febreiro celebramos o Entroido no noso colexio, este ano a temática dos disfraces foron os "Bichos", dende bolboretas, a arañas pasando por todo tipo de insectos.

As primeiras horas da mañá transcorreron dándolle os últimos retoques aos disfraces. As 10:30 os nenos e nenas saíron ao patio onde se realizou o desfile de entroido para que toda a comunidade educativa puidera contemplar a variedade, orixinalidade e fermosura dos disfraces.

Tras o desfile chegou o momento de degustar as orellas que prepararon no cole os membros da ANPA, as orellas estiveron acompañadas por outros doces típicos destas datas que o alumnado trouxo das súas casas e por zumes.

Rematamos a festa bailando ao ritmo da música de Entroido.    

OS MANDADOS DE AURORA 2010

 Aurora é a encargada de facer os mandados de Entroido no noso cole.
 

 

 

 

Os mandados deste ano son:

O martes 9 temos que levar unha garabata

O mércores 10 mándanos  levar un sombreiro 

Finalmente o xoves 11 o mandado consiste en levar un lunar na cara.

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2009

O venres 20 de Febreiro celebramos o Entroido no cole.

Dende primeira hora da mañá comezaron os preparativos para o desfile de Entroido. Algúns alumnos e alumnas (sobre todo os máis pequenos) xa viñeron disfrazados dende as súas casas pero os nenos e nenas maiores preferiron vestirse no centro. Moitas das profes tamén puxeron os seus disfraces.

As 10:30 os grupos de Educación Infantil foron saíndo ao patio cuberto para ver como se preparan as filloas, para tal menester, contamos coa colaboración de varios membros da ANPA do cole. Pouco a pouco foron saíndo os restantes grupos.

As 11:00, na zoa do areal, comezou o desfile, sendo a temática dos disfraces deste ano a alimentación.

Os encargados de abrirlo, foron os nenos e nenas de EI 3 anos disfrazados de limóns, a continuación os nenos e nenas de EI 4 anos cos seus disfraces de fresas e de seguido os rapaces e rapazas de EI 5 mostraron os seus disfraces de peras. 

O alumnado do primeiro ciclo de primaria disfrazáronse de produtos da horta, os alumnos e alumnas do segundo ciclo lucirón uns orixinais disfraces de zumes, leite, pan... e para por o punto e final, os nenos e nenas do terceiro ciclo desfilaron cos seus variados disfraces de produtos do mar.

As 12:00 comezou a degustación das fillos e doutros doces de Entroido.

SEMANA DE ENTROIDO 2009

 

O venres 20 celebraremos o Entroido no colexio pero ao longo de toda esta semana son varias as actividades que estamos a facer en relación a esta festa.

Os nenos de Educación Infantil fixeron os seus antefaces e as súas máscaras de Entroido.

Decoramos o cole con disfraces de anos anteriores.

Os distintos grupos están preparando os seus disfraces.

 

 


Distribuir contido