ENTROIDO 2010

 O venres 12 de Febreiro celebramos o Entroido no noso colexio, este ano a temática dos disfraces foron os "Bichos", dende bolboretas, a arañas pasando por todo tipo de insectos.

As primeiras horas da mañá transcorreron dándolle os últimos retoques aos disfraces. As 10:30 os nenos e nenas saíron ao patio onde se realizou o desfile de entroido para que toda a comunidade educativa puidera contemplar a variedade, orixinalidade e fermosura dos disfraces.

Tras o desfile chegou o momento de degustar as orellas que prepararon no cole os membros da ANPA, as orellas estiveron acompañadas por outros doces típicos destas datas que o alumnado trouxo das súas casas e por zumes.

Rematamos a festa bailando ao ritmo da música de Entroido.