Escolares, Ed. Infantil, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

Facendo pan

O alumnado de 1º ciclo disfrutou facendo pan.

Pincha para ver as imaxes

 

Outono

Cabazas, millo, patacas, mazás, peras, castañas...

Fomos á radio


Flashy Text at FlipMyText



 


Participamos no programa ECOVOZ, un espacio radiofónico emitido por Radiovoz para toda Galicia, patrocinado por Sogama e a Consellería de Medio Ambiente, a través do cal se intenta educar á poboación nos valores de respecto e compromiso coa protección do entorno, a fin de mellorar a nosa calidade de vida e camiñar cara un desenrolo sostible.
Dentro deste programa hai unha sección, o ECOPREGUNTOIRO, que é un concurso escolar no que colexios de toda Galicia compiten sobre temas de coñecemento do medio e o medio ambiente.
Quedámonos en oitavos de final, o noso contrincante foi o Colexio "Anxo da Garda" de A Coruña. Comezamos con moitos nervios e deixámoslle coller a dianteira, despois logramos empatar con eles e houbo que ir á pregunta de desempate, na que definitivamente nos venceron. Non importa o resultado, estamos contentos con participar porque a experiencia foi positiva. Desexámoslles moita sorte ós colexios q inda están loitando é vémonos en xuño na festa final, que nos ofrecen a todos os participantes e que se fai bo tempo será no parque acuático de Cerceda.
O próximo ano queremos participar de novo, pero con máis tranquilidade, que xa non seremos principiantes.

                                                          Manuela Rguez Nieto


Pincha na foto para ver as imaxes

Centro Plurilingüe


 


 Somos centro Plurilingüe.


A partir deste curso impartimos as materias de Plástica e Coñecemento do medio en inglés.

Seccións bilingües

No noso centro educativo temos en funcionamento varias seccións biblingües.


• Plástica en inglés no 2º curso de Primaria


• Plástica en inglés no 2º ciclo de Primaria


• Plástica en inglés no 3º ciclo de Primaria


Aquí tedes un mapa cos centros con seccións bilingües en Galicia.


 



Ver REDE DE SECCIÓNS BILINGÜES PRIMARIA en un mapa más grande

SEMANA DA PROGRAMACIÓN

Do 13 ó 16 de outubro celebraremos a semana europea da programación con diferentes alctividades.

O alumnado dos diferentes cursos traballarán na tableta con diferentes apps

 Scratch

 Tynker

 The foos 

 Lightbot 

O xoves pola tarde teremos un obradoiro cos escornabots

Nesta páxina pódese consultar toda a información relacionada con este evento a nivel europeo, pódese localizar o noso cole e as actividades que se van levar a cabo

http://events.codeweek.eu/

 

 

Xogamos coa ciencia

Neste trimestre estivemos realizando diferentes experimentos científicos. O alumnado disfrutou moito sogando a ser científicos.

Na galería tedes imaxes e no symbaloo da biblioteca enlaces a algúns dos experimentos que realizamos.

Radio escolar

Neste curso puxemos en marcha a nosa radio. Pouco a pouco iremos subindo as diferentes audicións programadas na mesma. Podedes acceder ás mesmas dende AQUI

Farmacia Natural

En colaboración con Educa Barrie participamos no proxecto Farmacia Natural. A semana pasada chegaron as sementes e xa temos a sementeira feita. Aquí podedes ver as imaxes na Galería.

 

Paz 2012

 


O luns día 30 de xaneiro todo o alumnado e profesorado do centro conmemoramos o día da Paz. Ao longo da anterior semana estivemos traballando nas aulas, analizamos o significado da Paz, indagamos sobre a orixe desta conmemoración, buscamos distintos símbolos, pintamos e ensaiamos cancións sobre o tema.


A través desta conmemoración queremos contribuír á concienciación de toda a comunidade educativa na construción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano que nos permita ter as mesmas oportunidades dentro dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.


Na seguinte presentación podedes ver o traballo plástico realizado polo alumnado de primeiro ciclo xunto co vídeo correspondente da canción Un Barquito de Papel que tamén representaron para o resto do alumnado e profesorado.









Click to play this Smilebox slideshow
 

 


 

Distribuir contido