Fomos á radio


Flashy Text at FlipMyText



 


Participamos no programa ECOVOZ, un espacio radiofónico emitido por Radiovoz para toda Galicia, patrocinado por Sogama e a Consellería de Medio Ambiente, a través do cal se intenta educar á poboación nos valores de respecto e compromiso coa protección do entorno, a fin de mellorar a nosa calidade de vida e camiñar cara un desenrolo sostible.
Dentro deste programa hai unha sección, o ECOPREGUNTOIRO, que é un concurso escolar no que colexios de toda Galicia compiten sobre temas de coñecemento do medio e o medio ambiente.
Quedámonos en oitavos de final, o noso contrincante foi o Colexio "Anxo da Garda" de A Coruña. Comezamos con moitos nervios e deixámoslle coller a dianteira, despois logramos empatar con eles e houbo que ir á pregunta de desempate, na que definitivamente nos venceron. Non importa o resultado, estamos contentos con participar porque a experiencia foi positiva. Desexámoslles moita sorte ós colexios q inda están loitando é vémonos en xuño na festa final, que nos ofrecen a todos os participantes e que se fai bo tempo será no parque acuático de Cerceda.
O próximo ano queremos participar de novo, pero con máis tranquilidade, que xa non seremos principiantes.

                                                          Manuela Rguez Nieto


Pincha na foto para ver as imaxes