Paz 2012

 


O luns día 30 de xaneiro todo o alumnado e profesorado do centro conmemoramos o día da Paz. Ao longo da anterior semana estivemos traballando nas aulas, analizamos o significado da Paz, indagamos sobre a orixe desta conmemoración, buscamos distintos símbolos, pintamos e ensaiamos cancións sobre o tema.


A través desta conmemoración queremos contribuír á concienciación de toda a comunidade educativa na construción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano que nos permita ter as mesmas oportunidades dentro dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.


Na seguinte presentación podedes ver o traballo plástico realizado polo alumnado de primeiro ciclo xunto co vídeo correspondente da canción Un Barquito de Papel que tamén representaron para o resto do alumnado e profesorado.









Click to play this Smilebox slideshow