Skip to Content

VISITA DO ASTRÓNOMO BORJA TOSAR

O venres, 24 de novembro, recibimos de novo no centro ao astrónomo Borja Tosar, que ás 19:00h tiña o telescopio preparado para que o alumnado poidera disfrutar da visión da Lúa.
As familas de 5º e 6º de Ed. Infantil acercaron aos seus fillos/as e tiveron o privilexio de ver este satélite da Terra en directo. Borja tamén nos amosou a Saturno e Xúpiter. Moitas grazas por ofrecernos esta estupenda actividade.

CARREIRA SOLIDARIA

O xoves, 23 de novembro, celebramos no colexio a Carreira Solidaria  Save the Children. Participou todo o alumnado e profesorado e acadouse unha recaudación de 2082 € que xa foi enviada a Save the Children e recibimos un diploma. O noso agradecemento ás familias pola colaboración.

MAGOSTO 2023

Grazas á ANPA, un ano máis celebramos o Magosto no noso cole o venres día 10. Pasámolo moi ben.

CIRCULAR PRINCIPIO DE CURSO 2023/2024

Achegamos a circular de principio de curso con información importante que deben ter en conta.

Pódese ver pinchando aquí

As familias que comezan este curso no noso centro, xa podedes descargar o abalarMóbil para recibir as notificacións.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut