Skip to Content

DESFILE DE ENTROIDO 2024

O pasado venres celebramos o Entroido cun desfile baixo a temática, OS XOGOS OLÍMPICOS. Deixamos aquí un vídeo desta actividade.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro mércores 21 de febreiro levarase a cabo unha xornada de portas abertas para todas as familias que queiran coñecer o noso centro, en horario de 17:30 a 19:30 horas.

 

Para as famalias que non poidan asistir a estas xornadas deixamos aquí uns vídeos co recorrido polo noso centro.

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de 6º curso que promocione á etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES Rego de Trabe.

As familias que no vindeiro curso 2024-2025 desexen que os seus fillos/as cursen os estudos neste Instituto deberán presentar NESTE COLEXIO, entre o 15 de XANEIRO e o 5 de FEBREIRO o seguinte modelo de solicitude debidamente cuberto e asinado ED550A

O horario de recollida de solicitudes no centro será de 9:00 a 9:50 e de 13:10 a 14:00h

Tamén se pode presentar por vía electrónica seguindo a ruta https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

IMPORTANTE:

No caso de non querer matricular ao seu fillo/a no IES Rego de Trabe, non deberá cumprimentar este Anexo de reserva, e presentará a solicitude de admisión no centro que desexe, do 1 ao 20 de marzo.

ACTIVIDADES DE NADAL O 21 DE DECEMBRO

O último día de clase antes das vacacións de Nadal, disfrutamos de dúas actuacións moi interesantes.

Un contacontos para o alumnado de Ed. Infantil e un concerto a cargo do grupo musical  OS VINTAFONISTAS para Ed. Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut