Skip to Content

Ed. Infantil

PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O MÉRCORES dia 11 de setembro cada titora repartirá ao alumnado en tres grupos, que acudirán á aula no seguinte horario:

• De 10:00h a 11:00h (Grupo A).

• De 11:30h a 12:30h (Grupo B).

• De 12:45h a 13:45h (Grupo C).

O XOVES 12 de setembro, repartirase ao alumnado en dous grupos que acudirán no seguinte horario:

• De 9:30h a 11:00 h - Grupo A.

• De 11:30h a 13:00 h - Grupo B.

O VENRES 13 acudirán no seguinte horario:

• De 9:15h a 11:15 h - Grupo A.

• De 11:45h a 13:45 h - Grupo B.

O LUNS 16 e MARTES 17 acudirá todo o grupo xunto en horario de 9:30h a 13:00h rematando así o período de adaptación.

A partir do MÉRCORES 18 o alumnado acudirá en horario completo de 9:00 a 14:00

VISITA DA DRAGONA RAMONA AO VILA

O martes 23 de abril, Día do Libro, achegouse A Dragona Ramona ao noso cole para contar un conto ao alumnado de Ed. Infantil. Gustounos moitísimo.

Agradecementos ao Concello por ofertar este contacontos coa nosa amiga, que disfruta tanto cos libros coma nós.

VISITA DO ASTRÓNOMO BORJA TOSAR

O venres, 24 de novembro, recibimos de novo no centro ao astrónomo Borja Tosar, que ás 19:00h tiña o telescopio preparado para que o alumnado poidera disfrutar da visión da Lúa.
As familas de 5º e 6º de Ed. Infantil acercaron aos seus fillos/as e tiveron o privilexio de ver este satélite da Terra en directo. Borja tamén nos amosou a Saturno e Xúpiter. Moitas grazas por ofrecernos esta estupenda actividade.

INFORMACIÓN ANPA LAVANDEIRA: MADRUGADORES E COMEDOR CURSO 2023/2024

Recordamos que é obrigatoria a matrícula do alumnado no comedor e madrugadores  e remata o prazo o día 30 deste mes de agosto, para poder facer uso do comedor desde o primeiro día que empeza o cole.

Para máis información consultar a páxina web ANPA LAVANDEIRA.

VISITA DO ASTRÓNOMO BORJA TOSAR

O venres, 4 de novembro, recibimos no centro ao astrónomo Borja Tosar, que ás 19:30h montou un telescopio para que o alumnado poidera disfrutar da visión da Lúa.

Numerosas familas de Ed. Infantil acercaron aos seus fillos/as para que poidesen ter o privilexio de ver este satélite da Terra en directo. Cara o remate da actividade, Borja tamén nos amosou a estación internacional e explicounos as constelacións visibles no ceo, e poidemos ver tamén a través do telescopio os planetas Xúpiter e Saturno.  Oxalá poidamos repetir esta estupenda actividade.

TRÍPTICO PERIODO DE ADAPTACIÓN

Podedes ver o tríptico en PDF.

¿QUÉ SABEMOS DO MUNDO MARINO?

O alumnado de 4ºB de Ed. Infantil está levando a cabo unha investigación sobre o mundo marino. Como inicio da investigación presentan este vídeo, interesados en recibir respostas.

Aquí deixamos o vídeo elaborado na aula coas respostas recibidas. Esperamos que vos guste!!!

I ENCONTRO CIENTÍFICO

O alumnado de 5º de Ed. Infantil levou a cabo unha videoconferencia cos científicos da base de exército "GABRIEL DE CASTILLA" na Antártida, e apadriñaron dous pingüíns.

Aquí deixamos unha mostra desta marabillosa experiencia.

HORARIO PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º ED. INFANTIL (3anos)

A continuación, deixámosvos horario para este período de adaptación!

Do 9 ao 10 de setembro haberá 3 grupos:

GRUPO A: 10.00- 11.00 h

GRUPO B: 11.30- 12.30 h

GRUPO C: 12.45- 13.45 h

 

Do 13 ao 15 de setembro, teremos 2 grupos:

GRUPO A: 9.30- 11.00h 

GRUPO B: 11.30- 13.00 h

 

16 e 17 de setembro seremos tendo dous grupos, pero... OLLO! Cambiamos de horario!

GRUPO A: 9.15- 11.15 h

GRUPO B: 11.45- 13.45 h

 

luns 20 xa iremos TODOS e TODAS xuntos/as con horario de 9.30- 12.30 h

martes 21 quedamos unha horiña máis! Sería de 9.30- 13.30 h

E xa o mércores 22, teremos o horario completo! De 8.50- 13.45 h

Distribuir contido


by Dr. Radut