Skip to Content

Ed. Primaria

CULLERCIENCIA 2022

O pasado 18 de xuño participamos na IV Edición da Feira de Ciencia en Culleredo. Deixamos un vídeo de como foi a nosa experiencia na CULLERCIENCIA.

INFORMACIÓN PARA O CURSO

Co motivo do comezo do novo curso escolar 2019 /2020, dirixímonos a todos os pais/nais  do alumnado  para facilitarlles información referida ao Centro.

1. EQUIPO DIRECTIVO

 Directora: Dna. Eladia Cabanas Fernández.

Xefe de Estudos: D. Antonio Pereiro Noguerol.

Secretaria: Dna. Mª Isabel Ramallo Morales.

2 – PROFESORADO 

2.1 Profesorado Titor

 Educación Infantil:

4ºA - Dna. Tania López Pereira.

4ºB - Dna. Leticia Díaz Cernadas.

5ºA - Dna. Uxía Sedes Yáñez.

5ºB/6ºA - Dna. Manuela Oliveira Feijoo.

Apoio E.I. - Dna. Cristina Martínez Caamaño.

Educación Primaria:

1ºA/2ºA – D. Pablo Seijas Rancaño.

2ºB - Dna. Marta Sobrino Gosenje.

3ºA - Dna. Lorena Fariña Suárez.

4º – Dna. Mª Isabel Ramallo Morales.

5º -  Dna. Mª Mar Espasandín García.

6ºA - Dna. Andrea Martínez Quiroga.

2.2  Profesorado Especialista

Inglés – Dna. Natividad Varela García.

E. Física – D. Antonio Pereiro Noguerol.

E. Musical – Dna. Mª Isabel Ramallo Morales

P. T – Dna. Nerea Rúa García.

A. L. - Dna. Carlota González Lesta.

Relixión –  Dna. Rosa Sabell Sierra.

Orientador – D.  Alberto Veleiro Vidal( compartido co CEIP  Sofía Casanova). Estará no centro os mércores.

Coidadora: Dna. Pilar Matos Caridad.

3 -  PERSOAL  NON  DOCENTE

Conserxe: Dna. Mª Teresa Cacheiro Fernández

4 -  XORNADA  ESCOLAR  E  PUNTUALIDADE

. O horario da xornada lectiva é de 9:00 a 14:00 h. durante todo o curso, agás para o alumnado de 3 anos durante o período de adaptación.

- Se algún alumno/a chega tarde  ou ten que ser recollido/a antes da hora de saída, deberá pasar por Conserxería, acompañado do seu pai, nai ou persoa autorizada por escrito, para cubrir o xustificante que lle facilitará a conserxe.

- En cumprimento da Orde do 22 de xullo de 1997 (DOG  02/09/97), que regula a organización e funcionamento dos colexios de E.Infantil e Primaria, non se poderá acceder ás aulas en horario lectivo sen a debida autorización. Por iso, e pola seguridade dos menores, cando un alumno/a chegue tarde ou teña que ser recollido antes da hora de saída, será o persoal do centro quen acompañe ao alumnado á clase ou quen o vaia buscar á mesma para entregarllo á súa familia.

- Lembrade que a puntualidade redunda na calidade do ensino e que, cando se producen determinadas faltas de puntualidade á escola, estamos perxudicando a todo o alumnado da aula. O éxito escolar necesita da implicación de todos/as e, polo tanto, a colaboración é a base do traballo conxunto que  familias e escola temos por diante.

- Segundo o establecido no Protocolo para a Prevención e Control do Absentismo da Consellería de Cultura, Educación e O.U., como norma xeral:

    . As faltas de asistencia deberán ser sempre debidamente xustificadas.

    . As familias comunicarán con antelación ao centro as faltas que estean previstas.

    - En caso de imprevisto, comunicarase telefonicamente ou por e-mail ao centro, no mesmo día ou por escrito no día de reincorporación. 

5 -  HORARIO  DE  ATENCIÓN  ÁS  FAMILIAS

Dirección: Luns, Mércores e Xoves  de 9:00 a 10:30h

                   Martes e Venres de 9:00 a 9:50h e de 13:10 a 14:00h

Xefatura: De luns a venres, de 9:00 a 9:50h

Secretaría: Luns, Mércores e Venres, de 12:00 a 13:10h e Xoves de 10:00 a 11:30h

Titorías individuais coas familias: As visitas ordinarias ou titorías de pais/nais de alumnado co profesorado do centro serán todos os luns lectivos do curso en horario de 17:00 h a 18:00h, na aula do alumno correspondente. Para unha mellor atención e organización das mesmas, os pais/nais deberán solicitala previamente por escrito.

DATAS DE REUNIÓNS  XERAIS:

Ed. Infantil 4 anos A/B e 5 anos A: 23 de setembro ás 16:00h.

Ed. Primaria:

1ºA/2ºA: 30 de setembro ás 16:00h.

2ºB: 30 de setembro ás 17:00h.

3ºA: 23 de setembro ás 16:00h.

4ºA: 7 de outubro ás 16:00h.

5ºA: 7 de outubro ás 17:00h.

6ºA: 23 de setembro ás 17:00h.

6 -  DÍAS  NON  LECTIVOS

Períodos de vacacións escolares:

Nadal: Do 23 de decembro de 2019 ata o 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusivos   .

Entroido: 24, 25 e 26  de febreiro de 2020.

Semana Santa: Do 6  ao 13 de abril de 2020, ambos inclusive.

Festivos: 1 de novembro, 6 de decembro de 2019, 19 de marzo e 1 de maio de 2020.

Día do Ensino: 31 de outubro de 2019.

Días propostos polos Centros do Concello: 20 de marzo e 4 de maio de 2020.

Así como todos aqueles que figuren no Calendario Oficial Laboral da Comunidade Autónoma Galega.

7 -  ORGANIZACIÓN  DAS  ENTRADAS  E  SAÍDAS

- Todo o alumnado do centro entrará polo portalón principal.

O alumnado de Ed. Infantil entrará acompañado dos pais/nais, bordearán o centro pola dereita do edificio e farán a fila diante da súa aula. Cando queden a cargo do profesorado, os pais/nais deben saír do recinto escolar.

O alumnado de Ed. Primaria entrará só e fará as filas na entrada principal.

- Abrirase o portalón ás 8:55 para que o alumnado entre e se vaia colocando na fila, e logo soará a música ás 9:00 para entrar ás aulas.

MOI  IMPORTANTE: Por seguridade de toda a Comunidade Educativa, non se permite a entrada ou saída do centro polo portalón de acceso ao aparcamento do persoal do centro.

8 -  OUTRAS  INFORMACIÓNS  DE  INTERESE

- O Centro utilizará, como canles de comunicación coas familias para notificacións e convocatorias importantes, a páxina web do colexio e a aplicación ABALAR MÓBIL.

- HIXIENE: É habitual a presenza de piollos durante o curso. Pregámoslle que, co comezo do curso escolar, revisen diariamente as cabezas dos seus fillos/as para tratar de erradicar estes parásitos.

O alumnado debe traer o seus propios panos de papel para o seu uso persoal.

- Lembramos a todos os pais/nais que queiran cambiar as ensinanzas de Relixión ou Valores para este curso, que deberán cubrir un impreso facilitado no centro para o cambio, sendo o último día o 15 de setembro, data a partires da cal non se poderá facer ningún cambio.

9 -  ANPA  LAVANDEIRA

UBICACIÓN: O local da ANPA está no propio centro.

CONTACTAR CO ANPA:

páxina web: www.anpalavandeira.es

correo electrónico: anpalavandeira@gmail.com

Representantes de pais/nais no Consello Escolar:

D. Javier Montero Lema.

D. Francisco Javier Castro Barbeito.

10 -  ACTIVIDADES  EXTRAESCOLARES

- Xestionadas pola ANPA.

- O centro oferta a Biblioteca Escolar polas tardes, de martes a venres, en horario de 16:00 a 18:00h, para o alumnado de Ed. Primaria.

- O alumnado que faga uso da Biblioteca só se pode recoller ás 17:00h ou ás 18:00h, sendo obrigatoria a puntualidade na recollida.

11 -  DATAS  DE  ENTREGA  DE  BOLETÍNS  ÁS  FAMILIAS

1ª Avaliación: 19 de decembro de 2019

2ª Avaliación: 2 de abril de 2020

3ª Avaliación: 19 de xuño de 2020

12 -  OUTROS  SERVIZOS

MADRUGADORES: O servizo de madrugadores comeza ás 7:30h.

COMEDOR  ESCOLAR: O horario de comedor será de 14:00 a 16:00h. Poderase recoller ao alumnado ás 15:00 e a partir das 15:50 h.

-Todo aquel alumnado que presente algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria ten a obriga de entregar no centro a documentación actualizada relativa a dita situación antes do comezo do curso, para que sexa tido en conta á hora de elaborar os menús. Ademais é importante que o profesorado teña esa información para tela en conta nas celebracións que se fagan no centro.

- O servizo de comedor escolar comeza o 11 de setembro e remata o 19 de xuño.

DESDE O CEIP VILA DE RUTIS POÑÉMONOS Á VOSA DISPOSICIÓN PARA CALQUERA DÚBIDA, ACLARACIÓN OU SUXESTIÓN, E DESEXÁMOSVOS UN BO CURSO 2019/20.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut