Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2022/2023

 1.   OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 22/23

EDUCACIÓN  INFANTIL

CURSO

VACANTES

RESERVA  NEAE(1)

4º (3anos)

44

6

5º (4 anos)

13

 

6º (5 anos)

12

 

EDUCACIÓN  PRIMARIA

CURSO

VACANTES

RESERVA  NEAE(1)

2

5

17

 

31

 

24

 

16

 

22

 

2. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 Do 1 ao 21 de marzo.

A solicitude de admisión, que se axeitará ao modelo oficial (formulario ED550B), poderase descargar nesta web ou recollelo na conserxería do centro. Tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisionalumnado", e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

A presentación de solicitudes no Colexio, do 1 ao 21 de  marzo, farase no seguinte horario: de 9:00 a 9:50h e de 13:10 a 14:00h

3. DOCUMENTACIÓN  A PRESENTAR PARA A ADMISIÓN

- Impreso de solicitude :

Anexo II en galego - ED550B

Anexo II en castelán - ED550B

- Acreditación da idade do alumno/a: DNI, pasaporte, libro de familia (hai que traer orixinal e fotocopia de todas as páxinas escritas)...

- Certificado de matrícula, no caso de estar xa escolarizado/a. Este certificado pídese no centro de procedencia.

- Certificado de empadroamento municipal. Deben figurar todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio.

- Certificacións oficiais xustificativas doutras circunstancias:

  * Situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais (Informe dos servizos sociais competentes que acredite as circunstancias achegadas)

* Alumnado con necesidades educativas específicas (documentación acreditativa das circunstancias alegadas)

* Separación legal dos pais: orixinal e fotocopia do convenio regulador ou da resolución xudicial.

(A efectos de comprobación, é necesario presentar sempre o orixinal de todos os documentos fotocopiados).

É posible autorizar na propia solicitude  a consulta  do domicilio fiscal e declaración do imposto sobre a renda, do título de familia numerosa e do certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia. Se se marca cun "X" en todas esas casillas  non hai que xustificalas documentalmente, xa que queda feito de xeito telemático.

4. PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO

- Antes do 25 de abril: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos no taboleiro do centro. As listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles (art. 30.3).

- Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos no taboleiro do centro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes (artigos 31.2 e 32).

5. PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

* O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no Centro,  do 20 ao 30 de xuño

INFORMACIÓNS IMPORTANTES

* A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA E VINCULANTE, PODERÁ CONTER ATA SEIS CENTROS, POR ORDE DE PREFERENCIA, E PRESENTARASE NO CENTRO INDICADO EN PRIMEIRO LUGAR.

* No caso de separación legal dos pais, a solicitude de admisión terá que estar asinada polos dous proxenitores, agás que aquel/a que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que terá que ser aportada para o seu cotexo polo centro educativo (hai que traer orixinal e copia da mesma).(Art.14)

* O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

* Os solicitantes deben indicar se o alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo, aportando a documentación necesaria.

* ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO ANUAL DAS LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO SE ADMISIÓN... Información AQUÍ

*DECRETO 13/2022, DO 3 DE FEBREIRO POLO QUE SE REGULA A ADMISIÓN DE ALUMNADO… Información AQUÍ

 



page | by Dr. Radut