Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

 LISTAXES DEFINITIVAS E INSTRUCIÓNS DE MATRÍCULA.

Están publicadas no centro as listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2024/2025, que non sufriron variacións con respecto ás listaxes provisionais, polo que está admitido o alumnado que solicitou praza para 4º de Ed. Infantil e presentou a solicitude en prazo.

O prazo de matrícula é do 20 ao 30 de xuño, ámbolos dous inclusive.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA

-      Impreso de matrícula debidamente cumprimentado. Pode recollerse na conserxería do centro ou pinchando aquí

-      3 fotografías tamaño carnet do alumno/a co nome por detrás.

-      DNI do alumno/a, se o ten, o dos pais (orixinal e fotocopia)

-      Libro de familia (orixinal e fotocopia de todas as páxinas escritas).

-      Tarxeta sanitaria do alumno/a (orixinal e fotocopia).

-  Informe médico (certificado de vacinacións  e de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa) só o alumnado que se matricula en 4º Ed. Infantil.

-      Orixinal e copia de resolución xudicial, no caso de separación legal dos pais.

 

IMPORTANTE: Non é preciso entregar de novo a documentación que xa foi entregada no proceso de admisión.

 



page | by Dr. Radut