PERIODO DE RESERVA-ADMISIÓN-MATRÍCULA PARA O CURSO 2019/2020

RESERVA ADMISIÓN E MATRICULA DE ALUMNADO

CURSO 2019/2020

 

 

NORMATIVA:

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

CENTRO  DE ADSCRICIÓN: IES BASANTA SILVA

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

1.Reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I da Orde no centro de orixe (exclusivo para o alumnado dos centros adscritos): 1-15 de febreiro, ambos os dous incluídos.

A reserva pode realizarse da seguinte forma:

1.De forma presencial no centro

2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

4. Presentación da solicitude de admisión (para alumnado novo que non fixo a reserva, e para alumnado  procedente doutros centros ou alumnado dos anteditos centros adscritos que non solicitaran a reserva no prazo indicado): 1-20 de marzo.

5.Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 23 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.

6.       Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidasantes do 25 de abril.

7.       Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

8.       Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

ACLARACIÓN:

1º Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad‐ misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN PARA ADMISIÓN:

A solicitude de admisión pode realizarse da seguinte forma:

1.De forma presencial no centro

2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 FASE: MATRÍCULA

10.   Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 1 de xullo (por ser o 30 de xuño día inhábil). Anexo III da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

A formalización da matrícula  pode realizarse da seguinte forma:

 1.De forma presencial no centro

2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 

 AREAS DE INFLUENCIA.

Para saber as áreas de influencia do centro, comunicarse coa dirección do mesmo.

 

 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

 

  -TRANSPORTE ESCOLAR -COMEDOR ESCOLAR DE XESTIÓN DIRECTA.

MESTRES 2018/2019

 

APELIDOS E NOME

OBSERVACIÓNS

NOVO DÍAZ, EMMA

P.D. Titor E.I.

GUTIÉRREZ ROCA, XOEL

P.P. Titora 1º e 2º de E.P.

RODRIGUEZ RODRIGUEZ, CRISTINA

P.D. Titor 3º de E.P.,

LOPEZ BARRIO, JOSE MANUEL

P.D. Titora de 4º de E.P., Música e Dirección.

FERREIRO BELLO, ANA BELÉN

P.D. Titor 5º de E.P, e Inglés

MUÑÓZ-AYALA SÁNCHEZ ALEJANDRO

P.D. Titor de 6º de E.P. ., e Educación Física

ALONSO SÁNCHEZ, ANA MARÍA

Relixión E.P. / E.I.

RODRÍGUEZ EXPÓSITO, MARÍA LUISA

P.P. A.L. / P.T.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS EN FONDO LIBROS. 2018/2019

Ver archivos adxuntos.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS NO FONDO LIBROS. CURSO 2018/2019.

Publícase a listaxe provisional de admitidos/excluídos na solicitude de fondo de libros de texto para o curso 2018/2019. (arquivo adxunto).

As persoas interesadas teñen un prazo de 2 días para reclamacións.

teléfono para reclamacións: 651010011

 

Saúdos.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2018-2019

Publícanse as listaxes de libros de texto para educación infantil e educación primaria.

Ver archivos adxuntos.

 

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2018/2019

 

Normativa: ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

 

a) Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

A asignación de libros de textos correspondentes aos cursos 3º 4º 5º 6º de Educación Primaria que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

- Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias

 

b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de textos destina das ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

 

 - A contía das axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.  será:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.

2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros:  90 euros.

 

c) A contía das axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en calquera curso da Educación Primaria será:

-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros.

 

Cada alumno/a, dependendo da renta familiar dispoñible, pode recibir dúas axudas: a) e c) no caso de estar matriculado en 3º 4º 5º 6º de educación primaria, ou ben b) e c) no caso de estar matriculado en 1º ou 2º de educación primaria.

 

SOLICITUDES: FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZOS.

-Presentación no centro: traer cubertos os Anexos I e II e fotocopia do libro de familia e certificación de discapacidade si fora o caso.

-Presentación online en (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros):

Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala).

• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía. 

-PRAZO: ATA O 22 DE XUÑO DE 2018.

 

MATRICULA CURSO 2018/2019: PERÍODO DE FORMALIZACIÓN DO 20 DE XUÑO O 2 DE XULLO.

10.   Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 2 de xullo (por ser o 30 de xuño día inhábil). Anexo III da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

A formalización da matrícula  pode realizarse da seguinte forma:

 

1.De forma presencial no centro

2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.
  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

LISTA DEFINITIVA DE ADMISIÓN DE ALUMNADO: CURSO 2018/2019

No documento adxunto pódese consultar a lista definitiva de admitidos para o curso 2018/2019.

Distribuir contido