LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO LIBROS. CURSO 2019-2020

Publícase listaxe definitiva de alumnos/as admitidos en fondo libros. (CLICAR EN ADXUNTO)

NOTA: 

3º CURSO: os alumnos/as que figuran como 1 libro de adquisición complementaria, e que o centro mercará un dos libros desas materias dos cal non dispón, polo que as familias NON TEÑEN QUE MERCALO.

5º 6º CURSO: Ainda que sae o listado cos libros que pertencen, a todo o alumnado facilitaráselle libros de texto dos que dispón o centro no fondo, xa que o estar no programa EDIXGAL non se poden mercar nin participar no fondolibros, xa que os propios ordenadores xa traen os libros integrados.

3º 4º 5º 6º PRIMARIA: como sempre deben mercar o cadernillo de INGLES, como un material máis.

Saúdos.

FONDO LIBROS: LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS-EXCLUIDOS.

Boas

 

Publícase a listaxe provisional de fondo libros de admitidos e excluídos. CLICAR EN ADXUNTOS NA MARXE INFERIOR.

Recordamos que en 5º 6º os alumnos facilitaranse libros e outros materiais impresos no centro educativo de acordo o Programa EDIXGAL.

 

Saúdos.

MODIFICACIÓN DE PARADAS TRANSPORTE ESCOLAR.

modelo de solicitude de axuda individualizada e de modificación de itinerarios. Todas as peticións de cambios nos itinerarios de transporte escolar deberán obrigatoriamente presentarse cos datos de xeolocalización que correspondan na aplicación www.google.maps.

NOTA INFORMATIVA: LISTAXE DE ADMITIDOS-EXCLUIDOS EN FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

NOTA INFORMATIVA: LIBROS DE TEXTO.

 

LISTAXES DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS NO FONDOLIBROS. CURSO 2019/2020

 

As listaxes publicaranse na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipterracha/

 

Datas:

 

Listaxe provisional de admitidos/excluídos en fondolibros: 9 de xullo.

Reclamación a listaxe provisional: 10 e 11 de xullo. En horario de 11h a 13h.

Listaxe definitiva de admitidos/excluídos en fondo libros: 15 de xullo.

 

CHEQUE DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO.

 

Cheque de material (todo alumnado de primaria)

Cheque para adquisión de libros de texto (1º 2º de primaria).

Datas de entrega: 3 e 4 de xullo. En horario de 11h a 13h.

 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA-SOLICITUDE DE MATRICULA. CURSO 2019-2020


NOTA: En xuño formalizarase a matrícula coas datas do 20 o 30 de xuño. Como o día 30 é festivo o prazo rematará o día 1 de xullo de acordo a Lei 39/2015.

MOI IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE NON FOI ADMITIDO NOUTROS CENTROS, PODE MATRICULARSE NESTE CENTRO AÍNDA QUE NON PRESENTARA SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CEIP TERRA CHA.

PARA ELO QUE ACUDA A DIRECCIÓN DO CENTRO ONDE SERÁ INFORMADO DO PROCEDEMENTO OU CHAMANDO O SEGUINTE NÚMERO:

982511402

LIBROS DE TEXTO. 2019-2020

Públicase a relación de libros de texto tanto para educación infantil como para primaria, para o vindeiro curso 2019-2020.

clicar en archivo adxunto para ver listado.

 

 

Saúdos.

AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS E MATERIAL: EDUCACIÓN INFANTIL

O Concello de Vilalba, a través do Departamento de Servizos Sociais, Familia, Muller e Emprego, ven de publicar no BOP con data 06/06/2019, as Bases reguladoras para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario, destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Vilalba e escolarizado para o curso 2019/2020 en Educación Infantil (3-6 anos)nos centros docentes públicos de Vilalba.

As bases reguladoras e as solicitudes (documento adxunto), estarán a disposición dos interesados na páxina web do concello (www.vilalba.org) e no Departamento de Servizos Sociais, Familia, Muller e Emprego (prevencion@vilalba.es) . Adxuntamos as bases e os Anexos de solicitude.

Os prazos de presentación de solicitudes será do24 de xuño ao 5 de xullo de 2019,ámbolos dous inclusive.

PODEN DESCARGAR A DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN ENTREGAR, CLICANDO EN ADXUNTOS:

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E TEXTO, E PARTICIPACIÓN EN FONDOLIBROS: CURSO 2019-2020

O Diario Oficial de Galicia publica o luns 20 de maio ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

 

Esta orde ten por obxecto regular para o curso 2019/2020 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos:

 

a)Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.

A asignación de libros de textos correspondentes aos cursos 3º 4º 5º 6º de Educación Primaria que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

- Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

 

b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de textos destina das ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

- A contía das axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP. será:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.

2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 90 euros.

 

c) A contía das axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en calquera curso da Educación Primaria será:

-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros.

 

Cada alumno/a, dependendo da renta familiar dispoñible, pode recibir dúas axudas: a) e c) no caso de estar matriculado en 3º 4º 5º 6º de educación primaria, ou ben b) e c) no caso de estar matriculado en 1º ou 2º de educación primaria.

 

O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xuño de 2019, non obstante recomendamos que entreguen no centro a documentación necesaria e os anexos I e II e copia do libro de familia, debidamente cuberto á maior brevidade posible, ou ben a través de na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal mediante a Chave365.

 

O libro de familia os cambios que teña a partir do 31 de decembro de 2017 NON CONTAN, polo que si a situación familiar de algunha familia cambiou a partir desa data non é tida en conta, o igual que a información de datos fiscais de facenda.

 

NOTA FAMILIAS 5º 6º PRIMARIA.: COMO SABEN ESTE ANO PARTICIPA O CENTRO EN EDIXGAL, PERO AÍNDA NON SAIU A RESOLUCIÓN CO APROBACION POR PARTE DA CONSELLERIA, AINDA ASI AS FAMILIAS PRESENTEN A DOCUMENTACIÓN NORMALMENTE, XA QUE A AXUDA DE MATERIAL (50E) TEÑEN DEREITO A ELA IGUAL.

(MAIS INFORMACIÓN NA WEB DO CENTRO OU NA DIRECCIÓN DO MESMO)

OS ANEXOS PODEN DESCARGALOS AQUI: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/70794

 

Atentamente a dirección.

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS. CURSO 2019-2020

Publícase a lista de alumnado definitivo tanto de infantil como de educación primaria.

 

Clicar en adxuntos e poden ver a lista de ambas etapas.

 

NOTA: En xuño formalizarase a matrícula coas datas do 20 o 30 de xuño. Como o día 30 é festivo o prazo rematará o día 1 de xullo de acordo a Lei 39/2015.

MOI IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE NON FOI ADMITIDO NOUTROS CENTROS, PODE MATRICULARSE NESTE CENTRO AÍNDA QUE NON PRESENTARA SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CEIP TERRA CHA.

PARA ELO QUE ACUDA A DIRECCIÓN DO CENTRO ONDE SERÁ INFORMADO DO PROCEDEMENTO OU CHAMANDO O SEGUINTE NÚMERO:

982511402

 

VIDEO TVG. OS BOLECHAS.

Boas

 

Aquí tedes o enlace do vídeo que gravou a TVG para o programa dos Bolechas.

Pinchar no enlace e xa vos sae directamente o vídeo.

http://www.crtvg.es/infantil/programas/braulio-tuber/braulio-tuber-ii-37-4075915

 

Un saúdo

 

 

Distribuir contido