ACTIVIDADE DIA DO LIBRO.

Boas

 

Mirar o arquivo adxunto (reto 1) onde tedes toda a información.

Enviar as fotos ó whap dos grupos de primaria, o 651010011 ou o correo electrónico: ceip.terra.cha@edu.xunta.es

 

Saúdos.

EU QUEDO NA CASA CO MEU LIBRO PREFERIDO

Ola nenos e nenas, espero que todas e todos vos estedes moi ben.

Dende a biblioteca do centro propoñemosvos unha actividade para o DÍA DO LIBRO, que como ben sabedes é o próximo 23 de abril.

No cartel explicavos toda a información pero se tedes algunha dúbida, non dudedes en poñervos en contacto con nos. 

Ah, por certo, se non vos abre o enlace, abride o documento adxunto e seleccionadeo.

Moitas grazas rapaces e rapazas.

Dende o Claustro mandamosvos moito ánimo, ben sabemos que o estades facendo xenial. 

 

EU QUEDO NA CASA CO MEU LIBRO PREFERIDO

ACTIVIDADES MATEMATICAS-GALEGO: 5º PRIMARIA.

Boas

Deixo as fichas que debedes imprimir, tamén as tedes en Edixgal.

 

Saúdos.

ACTIVIDADES 1º e 2º CURSO

Boas familias, deixo 2 fichas de repaso do primeiro trimestre das áreas de linguas e matemáticas.

Hai un documento para 1º e outro para 2º curso. 

Que continúen coa lectura e escritura diaria na medida do posible e por suposto que sigan axudando e xogando na casa.

Moito ánimo, cada día queda menos.

Un saúdo.

ACTIVIDADES-FICHAS 5º PRIMARIA: MATEMATICAS E CASTELAN.

Boas

 

Deixo fichas de matemáticas e castelán para imprimir. Os nenos/as xa saben exactamente que facer xa que teñen un mensaxe en edixgal.

 

Saúdos.

 

Actividades para todo o alumnado de Educación Infantil

Bos días familia!

A continuación, pasámosvos un PDF con distintas rutinas para desenvolver durante a mañá e que poden axudar, en gran medida, a que os nen@s non perdan os hábitos adquiridos. Por suposto e como ben se di no documento, estas son totalmente voluntarias e podedes distribuílas en base ás vosas circunstancias persoais e profesionais.

Igualmente, a maiores das rutinas presentadas, sería recomendable continuar co traballo iniciado nos libros de texto de letras e números, polo menos durante estes 15 vindeiros días. O ideal sería, para os alumn@s de 3 anos, facer cada día unha ficha intercalándoa, é dicir, un día letras e ó seguinte mates, repasando tamén todo o visto con anterioridade. Con respecto ós nen@s de 4 e 5 anos e dado que xa remataron os libros de números, que se centren no libro de letras, sen esquecer, tampouco, repasar os exercicios de números que xa levaron en semanas anteriores. Despois, unha vez que xa estean feitas estas actividades, procederemos a enviar fichas complementarias.

Ademais, o desenvolvemento de todas estas actividades non pode deixar de lado accións tan necesarias como pintar, recortar, manipular plastilina ou xogar con todos os xoguetes e instrumentos que os nen@s teñan no fogar. Esta tamén pode ser unha boa ocasión para crear algunha manualidade con materiais reciclables que xa non usedes ou algunha actividade vinculada coa estación da primavera. Un mural, a recollida de flores, plantar lentellas, pintar con elementos do medio natural ou mesmo axudar no coidado do horto familiar poden ser estratexias para xerar a aprendizaxe. Un exemplo do que estabamos a facer con respecto á primavera é o que se mostra na imaxe.

Así pois, esperamos que o traballo cos libros de texto, polo menos nestes 15 días, sexa suficiente para seguir afondando na lecto-escritura e na lóxica-matemática.

Saúdos!

ACTIVIDADES DE REPASO DE L. CASTELLANA - 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bos días, familias!

Deixo uns exercicios de repaso de Lengua Castellana do primeiro trimestre (temas do 1 ao 5).

Calquera dúbida seguimos en contacto a través do noso grupo.

 

Un saúdo e moito ánimo!

ACTIVIDADES DE REPASO - 4º DE PRIMARIA

Bos días familias!

A continuación, deixo unhas fichas de repaso de mates, lingua e lengua.

Para calquera dúbida que teñades seguimos en contacto a través do noso grupo.

 

Un saúdo e moito ánimo!

VIDEO EXPLICATIVO AULA VIRTUAL SANTILLANA. EDUCACION PRIMARIA.

https://drive.google.com/file/d/1oFgVlIUgrXy9gtB0rzoj2PmJNRvhWT-G/view?usp=sharing

 

O enlace superior é o video: AULA VIRTUAL SANTILLANA. VIDEO EXPLICATIVO de cómo funcionar cos libros de texto santillana dende internet.

 

Saúdos.

Tarefas de repaso 3º primaria

Ola a todos, envío tarefas de repaso para as áreas de lengua-lingua, mates e algo de cociais. Van dende o tema 1 ata o visto no último día previo ao confinamento. 

A través do noso grupo podemos  seguir mantendo comunicación para o que quierades. 

Distribuir contido