Actividades

'A VOZ DOS SOÑOS E OUTROS CONTOS PRODIXIOSOS'

O alumnado de 3º e 4º de EP participou nunha sesión de animación á lectura relacionada co libro 'A Voz dos Soños e Outros Contos Prodixiosos' de Hugh Lupton. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da actividade:

ANIMACIÓN Á LECTURA: 'A VOZ DOS SOÑOS'

SEMANA DA PRENSA

Na Semana da Prensa, o alumnado de Primaria creou anuncios publicitarios e seccións de periódico:

 

LEDICIA COSTAS

A escritora galega Ledicia Costas acudiu ao noso centro para contarlle ao alumnado de 5º e 6º de EP anécdotas sobre a súa vida e traballo, así como historias dos personaxes das súas obras, e respondeu ás preguntas que as rapazas e rapaces lle formularon. A autora escribiu libros como 'A Señorita Bubble' ou 'Esmeraldina, a Pequena Defunta', libros que tiveron moito éxito entre os cativos. Premendo na ligazón podedes ver as fotos do evento:

LEDICIA COSTAS

CONTOS DE MAGOSTO

Polo Magosto, o alumnado creou diferentes contos nos que a protagonista era unha castaña. Estes contos foron recollidos para ser expostos na Biblioteca do centro:

1º PREMIO MELLOR CÓMIC. CATEGORÍA EDUCACIÓN PRIMARIA

Premer na imaxe para ver o cómic gañador "A lenda de Penadauga".

Samaín

  Preme na imaxe para ver o documento 

 

                                  

MOSTERIO DE SAN LOURENZO DE CARBOEIRO

 

                                 

Actividades Biblioteca

Durante o curso 2012-2013 desenvolveuse dende a Biblioteca Escolar ó proxecto “Carboeiro e a súa contorna”. Este ano centrámonos nas edificacións e lugares de Carboeiro e oficios relacionados con eles: o río (lavandeiras e costureiras), a ponte (arrieros,canteiros,carros e apeiros de labranza)  o pombal( pombas, hortelás e gandeiros) e o muíño (muiñeiros e labregos).

Para desenvolver con éxito este proxeto leváronse a cabo diversas actividades como: 

A mascota da biblioteca, Roboletra, indicou aos alumnos do centro a temática a desenvolver ao largo do ano escolar. Para elo, entregou a cada nivel unha carta explicando que esta vez nos centraríamos nos distintos edificios e construccións que hai en Carboeiro e nos labores que se levaban a cabo neles.

Cada ciclo investigaría nestes puntos de interese:

  • Infantil: lavandeiras e costureiras.
  • 1º ciclo: o pombal (as pombas), horteláns e gandeiros.
  • 2º ciclo: a ponte, arrieiros, canteiros, carros e apeiros de labranza
  • 3º ciclo: o muiño ( muiñeiros e labregos.

ACTIVIDADE: INSTRUMENTOS MUSICAIS DO PÓRTICO

O alumnado de 6º nivel. traballaron por grupos buscando información sobre os instrumentos musicais das figuras que se representan no pórtico do mosteiro de Carboeiro. Con esta información elaboraron murais.

ACTIVIDADE: O CARRO

No mes de novembro e decembro, os alumnos fixeron unha enquisa sobre as partes do carro nas distintas parroquias que escolariza o curso. No mes de xaneiro e febreiro investigaron sobre o uso do carro nas distintas parroquias e contrastaron a información en internet. No mes de marzo e abril fixeron  redaccións coa información recollida, debuxos, etc. Todo este traballo será recollido nun libro que se fará con todos os proxectos de todos os ciclos.

ACTIVIDADE: O POMBAL E AS POMBAS

Despois dunha fase de investigación os nenos do 1º ciclo foron a biblioteca para poñer en común todo o traballo feito. Vimos un Power Point sobre os pombais no que vimos para que se usaban, tipos e cómo eran por dentro. Despois os nenos/as de 2º A leron textos sobre tipos de pombas e como remate os nenos/as de 2ºB nos contaron curiosidades sobre as pombas. A experiencia foi moi interesante e aprendimos moitas cousas.

Con todo este material fixemos un mural con debuxos de pombais(1º nivel), tipos de pombas(2º A) e curiosidades escritas sobre debuxos de pombas(2ºB).

Con todo iste material fíxose un libro que estará na biblioteca unha vez que estea catalogado.

ACTIVIDADE: OS MUÍÑOS

Os alumnos de terceiro ciclo raballaron as partes do muíño de xeito individual na clase e obtiveron información na casa.  Co material elaborouse un documento .

Tamén traballaron a “ historia dos muíños e a súas variantes” dende a prehistoria ata hoxe.Os nenos recolleron moita información. Todo púxose en común e elaborouse o traballo. Outros alumnos trouxeron fotos de muíños da zona, a quen pertencían e o tipo de muíño.

 Traballaron “os aspectos folklóricos do muíño”. Recabaron información para facer unha pequena introdución, recoller cantigas, ditos e refráns e adiviñas. Despois dunha posta en común, elaborouse un documento.

E por últimon,traballaron  os “ distintos tipos de muíños” ( manuais, hidráulicos, vento,etc.). Fixeron un documento con imaxes, fotos e información.

Todo este traballo será incluído nun libro que plasmará todo o traballo sobre o proxecto deste ano de todos os ciclos.

ACTIVIDADE: DETECTIVES POLAS HORTAS. SABÍAS QUE?. EXPOÑEMOS O QUE XA SABEMOS.

Os nenos/as de 1º ciclo levaron unha ficha na que tiñan que marcar nunha lista qué froitas e verduras había na súa horta o na dalgún familiar. Despois esta especie de enquisa sería utilizada máis tarde para que os alumnos seguisen investigando.

Cos resultados da enquisa cada titor asignou a cada neno/a unha froita (1º nivel) ou unha verdura (2º nivel) . Tiñan que cubrir unha ficha na que tiñan que reflectir cando se sementaba, se recollía e cando estaba en sazón.

O primeiro ciclo puxo en común todo o que aprendimos sobre as froitas e verduras na biblioteca. Cada neno leu a súa ficha correspondente sen dicir o nome para que o resto dos alumnos adiviñarao e así manter a atención. Para rematar cada nivel tiña que enumerar as froitas ou as verduras de que falara o outro nivel.      

   ACTIVIDADE: OS APEIROS TRADICIONAIS DE LABRANZA

Nas vacacións de Semana Santa os alumnos/as  de 3ºB investigaron sobre este tema. Para elo debían preguntarlle aos avós sobre o apeiro elixido, cómo era, cómo se utilizaba, para qué labor. Despois tiñan que facerlle unha foto ou facer un debuxo grande e un pequeno texto coa información recollida.

Despois fixeron fixeron un mural para o disfrute de todo o alumnado.  

ACTIVIDADE: OS ARRIEIROS

Os alumnos/as  de 3ºA investigaron e buscaron información sobre os arrieiros: a orixe do nome, quen eran, a que se adicaban, que transportaban,as súas comidas típicas, cantigas, refráns…

Despois en grupos fixeron un pequeno traballo resumindo o apartado designado ao grupo e rematouse cunha exposición oral ao resto da clase.                           

Para completar, fixéronse traballos plásticos e un mural co material feito.

ACTIVIDADE: GANDEIROS. A MIÑA É DIFERENTE

Nesta última parte do proxecto sobre Carboeiro (1º ciclo) decidimos que os nenos visen uns vídeos de youtube sobre as distintas formas de ordeño, tradicional e moderno. Seguiuse coa lectura de “Zazum y la vaca” onde soupemos cousas curiosas deste animal. Rematamos a actividade cun mural no que utilizamos distintas técnicas para decorar siluetas de vacas.Foi titulado: “A miña é diferente”.

EDUCACIÓN INFANTIL

 En Educación Infantil tamén levaron a cabo diversas actividades que xiraron en torno ao  río que pasa por Carboeiro, o Río Deza.  Desenvolvéronse dende o mes de Xaneiro ata Xuño. Algunhas delas foron as seguintes:

-    -  

Carta de Roboletra : para poñer en marcha este pequeno proxecto, empregamos como actividade de introdución e ao mesmo tempo de motivación a chegada dunha carta de Roboletra. Nela, Roboletra contábanos que o curso pasado estivera en Carboeiro, alí pasárao moi ben pero non recordaba moitas cousas entón precisaba da nosa axuda. Na carta aparecía a foto dun río. Roboletra non recordaba o seu nome. Para descubrilo tiveron que preguntar na casa de que río se trataba. Tamén aparecía na carta unha foto onde se atopaban unhas mulleres que ían cunhas tinas e cantaba. Tiñamos que axudarlle a descubrir a onde se dirixían. Descubrimos que eran lavandeiras.

    Recollida de información sobre o Mosteiro e os seus arredores. Cando descubrimos que Roboletra viaxara a Carboeiro comezamos a buscar información sobre o que había naquel lugar. Os nenos/as trouxeron das casas folletos, fotografías, mapas... do río ( hábitat, caudal, actividades que se poden realizar, etc) e da súa contorna (ponte do demo...)

-       -          Elaboración do plano para chegar a Carboeiro e ver o Río Deza. Unha vez que descubrimos cal era o río, decidimos buscar un plano para saber como se podería chegar ata alí. Buscamos o río no plano e atopamos outro río máis pequeno, un afluente do Río Deza, era o Río Toxa. Tamén descubrimos a fervenza deste río. Cada neno/a elaborou o seu propio plano, indicando onde estaba o río, onde estaba o mosteiro, que estrada había que seguir para chegar...

    - Elaboración dun gran mapa do Concello de Silleda: neste mapa debuxouse o percorrido do Río Deza, o río Toxa, o río Ulla, o mosteiro de Carboeiro e a vila de Silleda. 

-         

Coñecemos os peixes que viven no  Río Deza: descubrimos algúns peixes que viven neste río; a troita, lamprea, anguía e salmón. Observamos fotografías e vídeos para coñecer as súas características. Debuxámolos e elaboramos un libro –guía coas súas fotos e os seus nomes. Outra actividade que levamos a cabo foi “pescamos”. Nun recuncho da clase colocamos unha cubeta de auga e cada neno/a pescou os peixes que habitan no Deza. Tamén elaboramos un mural onde aparecía o percorrido do río Deza e os peixes que vivían nel.

-         - 

Coñecemos o nome das aves que habitan no río Deza, ademais descubriron pequenas características  de cada unha delas.

            - Elaboramos xabón de glicerina: Previamente elaboramos a receita onde recollemos os ingredientes que iamos empregar, os utensilios que precisabamos e tamén os pasos que tiñamos que seguir para facer o xabón. . Realizouse unha clasificación dos utensilios que se precisaban para lavar no lavadoiro e no río (xabón, caldeiro, bañeira, molido, caixón). Todo o alumnado de educación infantil elaborou xabón de glicerina, que logo levaron para as súas casas.

 - Imos lavar!: Para rematar o proxecto na segunda semana de xuño os alumnos/as do ciclo de educación infantil irán lavar ao lavadoiro que está preto do colexio, en Silleda, e así coñecer de primeira man o traballo das lavandeiras.

 




Distribuir contido