REMATARON AS OBRAS DAS CUBERTAS LATERAIS

Remataron as obras do cambio das cubertas laterais do centro, por fin este ano os nosos alumnos/as poderán empregar os baños das aulas de infantil (inutilizados por mor das goteiras que sufrimos durante todo o inverno), dunha aula de música sen caldeiros polo medio e dunha biblioteca sen humidades. Agradecemos a rapidez na execución das obras por parte da Consellería pero non esquencemos que ainda temos obras pendentes que, mellor antes que despois, é necesario levar a cabo.

_ Cubertas laterias

Aproveitamos a visita do Delegado Territorial e do Xefe Territorial para lembrarlle a necesidade do patio cuberto, a solución ás goteiras que sufrimos no comedor escolar, a necesidade de cambiar a caldeira xa que o calor non chega ás aulas dos andares superiores e os invernos en Silleda non son agradables e como o pedir, igual que o falar, non ten cancelas, mostrámoslle os bambáns do que fan uso os nenos/as de E.I. e 1º de primaria sacando o compromiso de achegarnos unha axuda para mellorar un pouquiño esa zona do patio de recreo. Somos conscientes que son obras de gran embergadura e que todos os centros teñen algunha eiva que arranxar