O NOSO NON PATIO CUBERTO

Moitos son os anos que se leva reclamando a construcción dun patio cuberto para o cole, ou cando menos unha estructura que posibilite que os nosos alumnos/as non se mollen durante as saídas e entradas ao colexio (falamos de 375 alumnos/as), durante os traslados ao comedor, clase de música, inglés, informática, psicomotricidade e biblioteca do alumnado de infantil (nada menos que preto de 100 alumnos/as). 

Motivo polo cal temos saído máis dunha vez no períodico.......

_ Recollida de firmas

Reunións Delegación de Educación

Parécenos un tema do máis necesario e a pesares das continuas negativas a súa execución, dende o Claustro seguiremos insistindo sobre a necesidade de facer a vida dos nosos alumnos/as un pouquiño máis fácil e sen dúbida a colaboración do Concello, dos pais e da Consellería será necesaria para que o patio cuberto do CEIP de Silleda sexa unha realidade. Temos unha débeda pendente cos nosos alumnos/as.