Iniciar sesión: Acceso

Últimas novas

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 14-4-2020 AO 19-4-2020

Hoxe, martes 14 de abril, como todos e todas sabedes comeza a 3ª Avaliación. Todo o claustro de mestres/as do cole desexa que vos atopedes ben de saúde e con moito ánimo para afrontar este novo trimestre.

Ao longo desta semana seguiremos traballando a través dos Boletíns de actividades publicados no Blog da Biblioteca e nesta páxina web. 

Picando na seguinte imaxe atoparades as actividades desta semana...

No enlace atoparades todo o material dividido en catro grandes grupos:

EDUCACIÓN INFANTIL

1º, 2º, 3º DE PRIMARIA

4º, 5º, 6º DE PRIMARIA

ESPECIALIDADES

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

E se queredes estar informados á última de todo o que acontece no noso cole só tendes que picar na seguinte imaxe e seguir o noso blog...

AS PEGADAS DE ARNALDO

NOTA INFORMATIVA

Estimadas familias:

 Hoxe, martes 14 de  abril , como todos e todas sabedes comeza a 3ª Avaliación. Todo o claustro de mestres/as do colexio desexa que vos atoedes ben de saúde e con moito ánimo para afrontar este novo trimestre.

 Ao longo desta semana seguiremos traballando a través dos Boletíns de actividades publicados no Blog da Biblioteca e na páxina Web do centro.

 Estamos á espera das instrucións da Consellería de Educación que marcarán as directrices de traballo neste último período de curso.

 Somos conscientes que non todos partides das mesmas condicións e posibilidades de traballo dende casa. Tamén das limitacións dixitais de moitos de vós.

Por iso, pedimos tranquilidade e adaptación ao ritmo que sexa posible. Nós intentaremos atender aos diferentes niveis de traballo.

 Para calquera dúbida ou aclaración estamos dispoñibles a través dos teléfonos do cole: 886 151 350 -   696 107 027 ou no mail: ceip.seixo@edu.xunta.gal

 

Un saúdo e moita saúde

Equipo directivo

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Hoxe comezan as vacacións de Semana Santa que rematan o 13 de abril (incluído).

Estes días non ides ter propostas de traballo. 

 

Podedes ler, escribir (contos, poemas, cartas, diario...) pintar, cociñar, cantar, bailar, xogar, descansar... o que vos apeteza!!! 

 

Pero se algún día vos aburrides moito, aquí vos deixamos unhas propostas de actividades moi moi chulis!

Só tendes que picar na seguinte imaxe...

Gozade das vacacións! 

Moito ánimo! Biquiños e apertas!

INSTRUCCIÓNS 2ª AVALIACIÓN

Dadas as novas instrucións por parte da Consellería, remitimos a seguinte información:

  •  A 2ª Avaliación dáse por pechada o venres 13 de marzo, data na que se declarou o estado de alarma.
  • As notas publicaranse o día 3 de abril, ás 12:00h. a través da aplicación Abalar Móbil. No seguinte enlace tedes aceso á descarga da mesma: AbalarMóbil. Se algunha familia tivese problemas pode poñerse en contacto a través do correo do centro ceip.seixo@edu.xunta.es ou do correo da titora correspondente.
  • Respétase o período vacacional de Semana Santa do 4 ao 13 de abril, ámbolos dous incluídos, seguindo o calendario escolar.

Á volta das vacacións, no terceiro trimestre, de continuar con esta situación o traballo seguirase a desenvolver a través dos Boletíns de actividades publicadas no blogue "As pegadas de Arnaldo"  e a páxina web do CEIP SEIXO seguirá actualizando a información oficial da Consellería.

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias:

Moit@s de vós xa tedes instalada a aplicación ABALARMÓBIL nos vosos teléfonos. Aos que aínda non a tendes, convidámosvos a que a descarguedes, é moi sinxelo e é GRATUÍTA.

Para poder acceder ao datos dos vosos fill@s tedes que ter os números de teléfono actualizados.

Se tedes algunha dificultade para descargar dita aplicación poñédevos en contacto con nós a través do teléfono ou do correo electrónico.

Iremos enviando diversos avisos por medio desta plataforma, por iso queremos pedirvos ás familias que aínda non os fixéstedes que descarguedes dita aplicación.

INSTRUCCIÓNS

Para máis información podedes mirar o seguinte vídeo...

Ou consultar os seguintes documentos adxuntos...

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 30-3-2020 AO 05-4-2020

Seguindo as instruccións dictadas pola Consellería de Educación, os profes do cole estiveron elaborando propostas de actividades para que todos os nenos e nenas poidades continuar co proceso educativo nos vosos domicilios.

Picando na seguinte imaxe atoparades uns boletíns de actividades que se irán actualizando semana a semana para que teñades diferentes ideas, actividades e recursos para traballar nas casas.

No enlace atoparades todo o material dividido en catro grandes grupos:

EDUCACIÓN INFANTIL

1º, 2º, 3º DE PRIMARIA

4º, 5º, 6º DE PRIMARIA

 - ESPECIALIDADES

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 23-3-2020 AO 29-3-2020

Seguindo as instruccións dictadas pola Consellería de Educación, os profes do cole estiveron elaborando propostas de actividades para que todos os nenos e nenas poidades continuar co proceso educativo nos vosos domicilios.

Picando na seguinte imaxe atoparades uns boletíns de actividades que se irán actualizando semana a semana para que teñades diferentes ideas, actividades e recursos para traballar nas casas.

No enlace atoparades todo o material dividido en catro grandes grupos...

- EDUCACIÓN INFANTIL

1º, 2º, 3º DE PRIMARIA

4º, 5º, 6º DE PRIMARIA

 - ESPECIALIDADES

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 16-3-2020 AO 22-3-2020

Seguindo as instruccións dictadas pola Consellería de Educación, os profes do cole estiveron elaborando propostas de actividades para que todos os nenos e nenas poidades continuar co proceso educativo nos vosos domicilios.

Picando na seguinte imaxe atoparades uns boletíns de actividades que se irán actualizando semana a semana para que teñades diferentes ideas, actividades e recursos para traballar nas casas.

No enlace atoparades todo o material dividido en catro grandes grupos...

- EDUCACIÓN INFANTIL

- 1º, 2º, 3º DE PRIMARIA

- 4º, 5º, 6º DE PRIMARIA

- ESPECIALIDADES

- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

SEGUIMENTO DOS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES E COMUNICACIÓN CO ALUMNADO E FAMILIAS

Picando na seguinte imaxe poderedes ver unha listaxe de todas as direccións de correo electrónico do profesorado do cole así como os diferentes teléfonos de interese habilitados para esta alerta sanitaria na que nos atopamos.

Lembrade que poderedes enviar os correos electrónicos que estimedes oportunos para establecer comunicación con cada un dos profes.

Dentro do horario lectivo habitual, de 09:30 h. a 14:30 h., contestaranvos a todas as dúbidas que plantexedes e darannvos toda a información que requirades.

Comunicación aclaratoria das instrucións en materia de persoal no CEIP DE SEIXO-MARIN

 Comunicación aclaratoria instrucións en materia de persoal no CEIP DE SEIXO-MARIN

 INFORMACIÓN DE UTILIDADE

 En cumprimento do REAL DECRETO 463/2020, DE 14 DE MARZO, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, e da RESOLUCIÓN PUBLICADA NO DOG DO 15 DE MARZO DE 2020, polo que adoptan as medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico en consecuencia da evolución epidemolóxica do coronavirus COVID-19, ESTE CENTRO, ATA O FIN DO PERÍODO DE VALIDEZ DO CITADO DECRETO E RESOLUCIÓN, PERMANECERÁ ATENDIDO A TRAVÉS DAS SEGUINTES CANLES:

 ·         ATENCIÓN TELEFÓNICA DE 10.00 A 13:00 DUN MEMBRO DO EQUIPO DIRECTIVO NOS NÚMEROS 886 151 350/49 - 696 10 70 27

·         CORREO ELECTRÓNICO NA DIRECCIÓN ceip.seixo@edu.xunta.es

·         ACUDIRASE AO CENTRO POR QUENDAS, NO CASO DE SER REQUIRIDO POR ALGUNHA CAUSA DE FORZA MAIOR DEBIDAMENTE XUSTIFICADA.

 

  PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020-2021

 Na cuestión de prazos administrativos, na Disposición Adicional Terceira do Decreto de Estado de Alarma, prodúcese a suspensión de prazos administrativos.

 "1. Se suspenden términos y se interrumpen los plazos para la tramitación de los procedimientos de las entidades del sector público. El cómputo de los plazos se reanudará en el momento en que pierda vigencia el presente real decreto o, en su caso, las prórrogas del mismo.

 2. La suspensión de términos y la interrupción de plazos se aplicará a todo el sector público definido en la Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas."

 ****Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. (Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes).

 

  #QUEDANACASA

 Dende o punto vista legal conforme O decreto do Estado de Alarma as familias deben quedar nas súas casas,e dicir, limítase a mobilidade conforme o  artigo "7. Limitación de la libertad de circulación de las personas."

 

 MEDIDAS ADOPTADAS ANTE A EVOLUCIÓN DA PANDEMIA DO CORONAVIRUS NO TERREO EDUCATIVO

 Seguindo a resolución do 12 de marzo de 2020, pola que se adoptan medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, informamos dende o centro, que o próximo luns 16 de marzo de 2020 publicaremos, na páxina web do centro e no blog da biblioteca, un boletín de actividades xenéricas por cursos, que non serán avaliables.

 No seu momento, cada mestre/a facilitará unha conta de correo onde podedes comunicarvos con eles/elas e solucionar as posibles dúbidas en horario lectivo de 9:30 a 14:30.

 Non esquezades respetar as directrices dadas en canto a prevención para que se poida solucionar este problema no menor tempo posible.

 

Seixo, 16 de Marzo de 2020

Equipo directivo CEIP de Seixo- Marin

 

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL