Iniciar sesión: Acceso

Visitas

Visita de Ricardo Gómez.

  O 9 de xuño recibimos no noso cole ao escritor Ricardo Gómez,escritor do libro "Ojo de Nube"(entre outros moitos títulos). Víu charlar un rato cos alumnos que traballamos este libro na clase.Contounos cousas como por qué decidíu escribir unha historia como a de "Ojo de Nube",a qué idade comezou a escribir e moitas cousas máis.Como nos gustou tanto o seu libro pedímoslle que nos asinase os nosos libros para poder ter un recordo da súa visita.

Visita da Policía Nacional.

  Fai uns días recibimos unha visita moi especial.Acudiron ao noso cole membros do corpo da Policía Nacional para amosarnos cómo é o seu traballo.Ensináronnos como consiguen as pegadas dos ladrons utilizando uns polvos especiais e deixáronnos ver cómo son os vehículos e utensilios que utilizan no seu traballo.Foi xenial poder montar no seu coche e na súa moto,tocar a sirena e falar polo megáfono.Qué ben o pasamos!

 

Charla sobre animais e plantas.

   O 13 de maio veunos visitar ao cole Gaspar (o papá de Lúa,a nosa compañeira de 1º) para darnos unha charla sobre natureza ,xa que sabe moitísimo deste tema. Acompañou a charla de fotos de plantas e animais moi curiosos que non coñecíamos. Despois de responder ás nosas preguntas, saímos ao patio e falounos un pouco das plantas que temos no cole.

   Encantounos esta visita e agradecémoslle moito as súas explicacións e a súa paciencia.

   Gracias Gaspar!

 

O Faro de Vigo recolle a visita da escritora An Alfaya ao Ceip de Seixo.

 

Los alumnos del colegio de Seixo recibieron una charla de la escritora de libros infantiles An Alfaya

04.05.2013 | 11:41 

El alumnado de quinto y sexto cursos de Primaria del colegio de Infantil y Primaria de Seixo recibieron ayer a la escritora An Alfaya, autora entre otros del libro "Sireno, sireno" de la editorial Anaya. An Alfaya ha escrito numerosos libros infantiles que le han hecho merecedora, entre otros, de los premios Xeración Nós de Teatro, Merlín, Xulián Magariños o Lazarillo de Creación Literaria.

Faro de Vigo (04/05/2013)

 

Visita de Violeta Monreal

O venres 1 de Marzo,a escritora e ilustradora Violeta Monreal fixo unha visita ao noso cole e pasou un rato do máis agradable con nós.Explicounos cómo fai os seus debuxos,firmounos os libros e respondeu as nosas preguntas mentras facía un debuxo precioso que nos deixou no colexio de recordo.Para agradecerlle a súa visita,nós fixemos un mural cun montón de dragóns para decorar a aula na que a recibimos.

VIOLETA MONREAL

Visita Alicia Borrás Sanjurjo

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL