Iniciar sesión: Acceso

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 19-5-2020 AO 21-5-2020

Seguimos traballando a través dos Boletíns de actividades publicados no Blog da Biblioteca e nesta páxina web. 

Onte non publicamos boletíns porque era un dos días non lectivos deste curso, e aínda que estamos traballando dende a casa, tamén se agradece alongar a fin de semana.

Picando na seguinte imaxe atoparades as actividades desta semana...

No enlace atoparades todo o material dividido en 3 grandes grupos:

EDUCACIÓN INFANTIL

- EDUCACIÓN PRIMARIA

- ACTIVIDADES PARA O TEMPO DE LECER (ESPECIALIDADES)

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

E se queredes estar informados á última de todo o que acontece no noso cole só tendes que picar e seguir o noso blog...

 AS PEGADAS DE ARNALDO

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL