Iniciar sesión: Acceso

NOTA INFORMATIVA

Estimadas familias:

 Hoxe, martes 14 de  abril , como todos e todas sabedes comeza a 3ª Avaliación. Todo o claustro de mestres/as do colexio desexa que vos atoedes ben de saúde e con moito ánimo para afrontar este novo trimestre.

 Ao longo desta semana seguiremos traballando a través dos Boletíns de actividades publicados no Blog da Biblioteca e na páxina Web do centro.

 Estamos á espera das instrucións da Consellería de Educación que marcarán as directrices de traballo neste último período de curso.

 Somos conscientes que non todos partides das mesmas condicións e posibilidades de traballo dende casa. Tamén das limitacións dixitais de moitos de vós.

Por iso, pedimos tranquilidade e adaptación ao ritmo que sexa posible. Nós intentaremos atender aos diferentes niveis de traballo.

 Para calquera dúbida ou aclaración estamos dispoñibles a través dos teléfonos do cole: 886 151 350 -   696 107 027 ou no mail: ceip.seixo@edu.xunta.gal

 

Un saúdo e moita saúde

Equipo directivo

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL