TODO A CAMBIO DUN LIKE: ESCOLAS DE NAIS E PAIS
Enviado por admin o Xov, 25/02/2021 - 19:49VACANTES CURSO 2021-2022
Enviado por admin o Xov, 25/02/2021 - 13:39CALENDARIO DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022
Enviado por admin o Xov, 25/02/2021 - 13:21AGORA MÁIS QUE NUNCA, CINCO CLAVES DE INTELIXENCIA EMOCIONAL
Enviado por admin o Mér, 24/02/2021 - 10:08Remitímosvos invitación mediante cartel informativo e enlace á videoconferencia para familias coa temática "Agora máis que nunca: 5 claves da intelixencia emocional" a cargo de Raquel Pedrouso Carreira, que organizan o IES Mestre Landín e o CFR de Pontevedra e que se vai desenvolver o venres 26 de febreiro de 18:00 a 20:00 h a través de Cisco Webex.
PICANDO NA IMAXE
ACCEDEREDES Á VIDEOCONFERENCIA
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022
Enviado por admin o Ven, 19/02/2021 - 15:49O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2021/2022 será do 1 ao 20 de marzo, segundo a Orde do 18 de decembro de 2020
A documentación necesaria é a seguinte:
-
Solicitude modelo: ED550B (VER ARQUIVO ADXUNTO)
-
DNI do alumno/a ou libro de familia
-
DNI dos pais
-
Resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
-
Certificado de matrícula (alumnado que ven doutro centro)
As solicitudes poderán ser presentadas a través da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA ou no propio centro, ao que se deberá chamar con antelación para reservar cita.
CEIP SEIXO
TFNOS: 886 151 350 ou 886 151 349
Para máis información lexislativa relacionada con este proceso podedes picar no seguinte enlace: AXUDA
(PICANDO NA IMAXE TEREDES MÁIS INFORMACIÓN)
ENTROIDO 2021 NO COLE DE SEIXO
Enviado por admin o Ven, 05/02/2021 - 00:03ENTROIDO 2021
Estimadas familias,
A vindeira semana do 8 ao 12 de febreiro 2021 imos celebrar o Entroido.
A temática do PDI (proxecto do centro) deste curso é “Arnaldo coida a saúde”.
As actividades a desenvolver serán as seguintes:
MANDADIÑO
Na semana do 8 ao 12 de febrero faremos o mandadiño (consiste en que os nenos e nenas traian posto da casa o complemento correspondente a cada día, sumándolle o do anterior:
- O Luns para comezar calcetíns de diferente cor, canto máis bonitos, millor.
- O Martes para continuar a camiseta do revés debes levar.
- O Mércores para nos animar de raias, lunares ou flores vestid@ virás.
- O Xoves non te esquezas de levar algo na cabeza (diadema, gafas, pinzas….divertidas, pero que non tape o rostro- lembrade que temos ás máscaras).
- O Venres: ENTROIDO TOTAL e levarán para a casa o DISFRAZ FEITO NO COLE.
VENRES 12 DE FEBREIRO
DESFILE:
Se o tempo o permite, farémolo por grupos de convivencia estable no exterior do centro e despois amosarémovolo nunha montaxe de vídeo a través do blogue da Biblioteca do centro.
DEGUSTACIÓN:
A degustación de doces típicos desta festa (orellas, filloas, chulas,…) será en cada aula durante o momento da merenda. Cada alumn@ traerá de xeito individual para el/ela mesmo/a. Lembrade que non se pode compartir.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
Nota: Segundo o calendario escolar, as clases reanudaránse o xoves 18 de febreiro de 2021.
Equipo de Actividades
Complementarias e Extraescolares.
RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA
Enviado por admin o Lun, 11/01/2021 - 09:50Atendendo ao disposto na Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; A Dirección do CEIP de Seixo quere informarlles que:
- Ábrese o prazo de reserva de praza para aquel alumnado que desexe continuar estudos no IES Chan do Monte, centro ao que está adscrito o CEIP de Seixo.
- O alumnado que pretenda continuar estudos no IES Chan do Monte, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar a súa solicitude cubrindo o formulario normalizado (ED 550A) entre os días 11 de xaneiro e 8 de febreiro de 2021.
- - O formulario normalizado será facilitado no propio centro ou tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, na web da consellería de educación, así como nesta propia noticia.
- As solicitudes poderán ser presentadas a través da mencionada SEDE ELECTRÓNICA (para formalizar a reserva a través desta canle precisará de Chave 365 ou certificado dixital), no CEIP de Seixo ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
Para calquera consulta estamos a súa disposición no horario de secretaría.
A Dirección do centro
Nota: Aquel alumnado que vaia seguir estudos de secundaria nun centro distinto ao adscrito, recórdaselles que a presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo do 2021.
MASCARILLAS: PUBLICACIÓN LISTADO DEFINITIVO DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
Enviado por admin o Mar, 15/12/2020 - 10:36Seguindo as instruccións da CCEU, publícase no taboleiro de anuncios interior do centro as LISTAXES DEFINITIVAS das solicitudes excluídas e admitidas.
IMPORTANTE
O centro tomou a decisión de mercar mascarillas, segundo a tipoloxía establecida nas bases da convocatoria, para todo o alumnado tanto de infantil como de primaria, sen distinción de que se lle fora concedido na convocatoria ou non.
Á volta das vacacións de Nadal repartiranse.
PUBLICACIÓN LISTADO PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
Enviado por admin o Mér, 09/12/2020 - 15:59Seguindo as instruccións da CCEU, publícase no taboleiro de anuncios interior do centro as listaxes provisionais das solicitudes excluídas.
PUBLICACIÓN DA
LISTAXE PROVISIONAL E RECLAMACIÓNS
PRAZO DE RECLAMACIÓNS
- XOVES 10-12-2020
- VENRES 11-12-2020
XORNADA DE FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO COLE
Enviado por admin o Ven, 27/11/2020 - 10:57O Ceip de Seixo, en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Pontevedra, pon esta tarde en marcha unha xornada de formación para as familias do cole sobre o uso e aproveitamento de diversas ferramentas dixitais que se están a empregar no centro: ABALAR, AULA DIXITAL, WEBEX e FALEMOS.
Familias!
Como xa vos comentamos, en información anteriormente enviada por ABALAR, debido ao elevado número de participantes vanse repartir as videoconferencias en 2 grupos:
- VENRES 27 de NOVEMBRO: 16:30 H. (FAMILIAS DE INFANTIL, 1º, 2º e 3º)
- VENRES 27 de NOVEMBRO: 18 H. (FAMILIAS DE 4º, 5º e 6º)
Para que poidades acceder á formación tan só tendes que picar (na quenda que vos corresponda) na seguinte foto ou no seguinte enlace:
Lembrade que, na aula virtual do cole, xa dispoñedes de información que se vai empregar nas xornadas!
Picade a continuación e accederedes a ela:
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
