Documentación
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2020-21
Enviado por admin o Lun, 26/10/2020 - 01:41Premendo na imaxe accederedes á Programación Xeral Anual, aprobada o 20 de outubro de 2020 polo Clasutro e polo Consello Escolar, a cal foi enviada á Inspección Educativa o 23 de outubro de 2020.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID19
Enviado por admin o Mar, 13/10/2020 - 16:26Queridas familias:
Aquí deixámosvos o enlace a unha nova versión do Plan de adaptación á situación COVID19. Ten pequenas modificacións sobre o primeiro, e seguro que non será o último, xa que é un documento aberto e flexible que, a partir dunhas medidas establecidas, se vai adaptando ao día a día no centro e ás necesidades que van xurdindo.
Tamén adxuntamos todos os anexos que inclúe o plan, que é onde hai máis cambios, xa que se inclúe o protocolo da biblioteca e do comedor.
Ademais, para facilitar a súa consulta, na columna dereita da páxina web, arriba de todo, deixámosvos unha imaxe cun enlace directo.
Recordámosvos a importancia de, entre todos, cumprir as medidas de hixiene e seguridade que marca o plan, elaborado a partir dos protocolos de educación e sanidade, o obxectivo, en todo momento, é a seguridade dos vosos fillos e fillas, e tamén a boa marcha do curso que, a pesar do virus, desexamos sexa un bo ano para todos e todas: alumnado, profesorado e familias.
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2020/21
Enviado por admin o Mér, 30/09/2020 - 01:19Achegámosvos as programacións didácticas de todo o centro para o curso 2020/21: a do ciclo de Educación Infantil e a de todos os cursos de primaria.
Para acceder a cada unha premede na imaxe correspondente.
ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 3º TRIMESTRE CURSO 2019-2020
Enviado por admin o Lun, 18/05/2020 - 10:00Seguindo as "Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia", adáptanse as programacións didácticas do 3º trimestre do curso 2019-2020 das ensinanzas correspondentes as dúas etapas do centro: infantil e primaria.
Publicamos na Web do Centro éstas adaptacións, quedando á disposición de toda a comunidade educativa para garantir a súa publicidade.
Estas poden presentar modificacións mentres non sexan aprobadas pola Inspección Educativa, as cales serán comunicadas, de ser o caso, ás familias.
Adaptación Programación Didáctica Educación Infantil
Adaptación Programación Didáctica Educación Primaria
A Dirección
