Iniciar sesión: Acceso

Actividades

INAUGURACIÓN DO CURSO 2016-17

O pasado luns inauguramos o novo curso, e fixémolo cunha xornada moi diferente... queredes saber por que? Premede na imaxe e visitade o noso blog onde vos contamos todos os detalles desta día. 

ESTREAMOS NA REDE: "AS PEGADAS DE ARNALDO" .

 

"As pegadas de Arnaldo" é o nome da revista que cada ano facemos no cole, e agora gustaríanos contarvos cousas durante todo o ano, por iso, como son un lagarto moi curioso e activo, vin pasear pola rede.


Este blog, coordinado polo Equipo de Biblioteca e polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, quere ser unha xanela sempre aberta para que poidades ver os incribles traballos que fai o noso alumnado, compartir recursos educativos que atopamos pola rede e para ensinarvos materiais elaborados no cole, esperando que sexan útiles para todos. 
 
Estades todos convidados a visitarnos cando queirades. Espero que nos vexamos a miudo!!
 
Engánchate con nós á lectura e ao galego!

Premede na imaxe para ir directos ao blog.

13 de maio: CORRELINGUA!

Día das LETRAS GALEGAS. Este ano adicado a...

Para saber máis, preme na imaxe.

MÁIS RECURSOS E XOGOS...

AQUÍ

EI CANTAR!

 
ESTAS SON AS CANCIÓNS QUE TEMOS QUE ENSAIAR PARA A MARCHA DO CORRELINGUA:

 

A SAIA DA CAROLINA: 

A RIANXEIRA:

 

 VEN BAILAR CARMIÑA:

XV EDICIÓN DO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 NON VOS PERDADES AS

FABULOSAS ACTIVIDADES

QUE ORGANIZA O SALÓN DO LIBRO,

E SOBRETODO

NON DEIXEDES DE VISITAR

O NOSO TRABALLO ALÍ EXPOSTO.

 

LEVÍRTETE COCIÑANDO CONTOS!

DO 14 DE MARZO AO 5 DE ABRIL

ACTIVIDADES

OBRADOIROS PARA ADULTOS

O MORRAZO ESPERTA A GALICIA

Este é o video no que participamos 31 centros do morrazo en conmemoración do nacemento de Rosalía.

OS NOSOS SEMENTADORES NO FARO DE VIGO

HOXE... 24 DE FEBREIRO...

ROSAS PARA ROSALÍA

OS NENOS E NENAS DO CEIP SEIXO SAIREMOS Á RÚA PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA AGASALLANDO POEMAS E CARTACES CO LEMA ROSAS PARA ROSALÍA.

VISITAREMOS:

     - A PRAZA DE ABASTOS

     - O CENTRO DE SAÚDE

     - A CASA DE CULTURA

APROVEITAREMOS ESTA SAÍDA PARA POTENCIAR O USO DO GALEGO AGASALLANDO A ALGÚNS COMERCIANTES DO POBO CUNHAS CHAPAS COA FRASE "DIMO EN GALEGO".

NO EXTERIOR DO COLEXIO COLGAREMOS UN POEMA COMO PARTE DA ACTIVIDADE "GRAFFITI ROSALÍA".

 

 

CHEGA O ENTROIDO

 

RECORDADE QUE PODEDES CONSULTAR O CALENDARIO ESCOLAR NA SECCIÓN DO CENTRO (HORARIOS) E TAMÉN NA SECCIÓN DE SECRETARÍA (INFORMACIÓN).

 

PERO ANTES...

O MANDADIÑO:

 

LUNS: LUNARES

 

LUNARES POÑERÁS

E MOITO LUCIRÁS

 

MARTES: RAIAS

 

AS RAIAS SON ELEGANTES

NON VEÑADES DE TUNANTES

 

MÉRCORES: VERMELLO

 

VERMELLO! A COR DA REALEZA

FAI CUN PAZO O COLE PAREZA

 

XOVES: XOIAS

 

SE MOITAS XOIAS TRAEDES

ESTRELAS DO CINE PARECEREDES

 

 

VENRES: FESTA RACHADA

Distribuir contido