Iniciar sesión: Acceso

Últimas novas

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

Queridas familias:

Aínda que este é un curso moi raro, non queremos deixar de estar cerca vosa e manter a comunicación nun ano no que aínda é máis importante traballar unidos.

O protocolo da Xunta di que "salvo razóns xustificadas ou relacionadas con procesos administrativos, ou cando a presenza sexa requirida polo propio centro, non se permite a entrada dos proxenitores no centro educativo. O centro establecerá horarios específicos para a atención das familias non coincidentes con horarios de entrada e saída nin con intercambios de clase ou recreos."

Tendo isto en conta, dende o equipo directivo, fixemos este horario de atención ás familias no que dirección, xefatura ou secretaría estarán dispoñibles.

É importante que chamedes antes para concertar unha cita.  

Se tendes algunha urxencia non dubidedes en chamar (886.151.350) ou comunicarllo aos mestres de garda que están nas entradas e saídas.

LISTAXE MATERIAL CURSO 2020-2021

Neste apartado podedes consultar a listaxe do material para o curso 2020-2021.

A listaxe de material para o alumnado de Educación Infantil será comunicada polo mestre/a titor/a de cada un dos grupos.

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO CURSO 2020/21

Queridas familias:

Sabemos que estades nerviosos e preocupados polo inicio de curso, é totalmente normal, este ano máis que nunca, por iso esperamos aclarar algunhas dubidas e transmitir un pouco de tranquilidade. Sentimos non facelo antes, imos informándovos a medida que recibimos instrucións.

HORARIO PRIMEIROS DIAS

Co obxectivo de facilitar a adaptación do alumnado ás novas dinámicas do centro flexibilizaremos as entradas os días 10 e 11 de setembro.

Pensamos que será moi beneficioso para o alumnado e as familias ter unha chegada especial e diferente, dentro do raro que será todo este curso. Facer esta chegada gradual nos permitirá explicarvos cales son as portas de entrada e saída de cada curso e recibir de xeito mais individualizado ao alumnado.

Fixemos o horario de entrada en base ao calendario marcado pola consellería que dividiu o inicio do curso en dous días.

Xoves:

  • 9:30 - entrada 3º primaria
  • 10:00 - entrada 2º primaria
  • 10:30 - entrada 1º primaria
  • 11:00 - entrada 4 anos
  • 3 anos segundo a adaptación

 Venres:

  • 9:30 a 10:00 - Entrada normal de 1º, 2º, 3º e 4 anos.
  • 10:00 - entrada 6º primaria
  • 10:30 - entrada 5º primaria
  • 11:00 - entrada 4º primaria
  • 11:30 - entrada 5 anos

Estes dous días todo o alumnado entrará pola porta principal. So podemos permitir a entrada no centro a un membro de cada familia.

Por suposto recibiriamos ás 9:30 a todo o alumnado que veña no transporte e aos que por motivos persoais non podan flexibilizar ese día.

MATERIAL ESCOLAR

O luns publicaremos as listas de material que, de inicio, pedirá cada titora para comezar o curso. Este ano será moi diferente e iremos pedindo outro material ao longo do curso segundo xurdan as necesidades. Confiade nas titoras que vos irán informando de todo.  

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID19

Como xa vos contamos, estamos elaborando o Plan para o centro a partir do protocolo publicado por Sanidade e Educación. Entre o luns e o martes o faremos público para que poidades lelo antes do inicio do curso.

Se tendes algunha dúbida con esta información podedes chamar ao centro de 9:30 a 14:30. Seguimos pedímosvos paciencia e confianza, entre todos conseguiremos que sexa un bo curso.  

INSCRIPCIÓN COMEDOR/PLAN MADRUGA - CURSO 2020/21

Se estades interesados no comedor e/ou no plan madruga, lede con atención.

Premendo na imaxe que está ao final desta publicación, accederedes a un pdf (editable) que tendes que cubrir para inscribirvos nestes servicios para o próximo curso. Se vos da problemas podedes vir ao centro (ata o 22 de xullo de 10 a 13) que vos damos unha copia impresa.

É moi importante ler e cubrir todos os apartados, non vos esquezades do nome do centro escolar nin de firmala. 

No documento tendes un correo electrónico (ou un fax) que é onde debedes enviar a solicitude.

O límite para enviar as inscripcións é o 25 de agosto, pero recomendámosvos facelo canto antes para poder ter unha previsión de usuarios e organizar o servizo.

Se tendes algunha dúbida chamade a Arume ou ao colexio. Dende o centro podemos axudarvos no proceso, pero non podemos presentar as solicitudes, ten que facelo cada familia.

AVISOS IMPORTANTES PARA O MES DE XULLO

HORARIO DO CENTRO NO MES DE XULLO
O centro permanecerá aberto de 10 a 13 horas dende o 1 ao 22 de xullo do 2020.
A PARTIR DO 22 DE XULLO E A ATA O 31 DE XULLO, para calquera consulta chamar ao número de teléfono: 696 10 70 27 (en horario de 10-13 horas).
  
REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL
Venres 10 de Xullo ás 12:30 h.
Medidas de Protección:
      - Asistencia dunha persoa por familia
      - Acudir sen nenos
      - Obrigatorio: Uso de mascarilla
  
LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021 e PRAZO DE RECLAMACIÓNS
O venres 10 de xullo poderanse consultar, no taboleiro de anuncios do cole, as listaxes das solicitudes admitidas e excluídas no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2020-2021.
O prazo de reclamacións serán os días 13 e 14 de Xullo de 2020.
  
LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITUDES ADMITIDAS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-20201
O venres 17 de xullo poderanse consultar, no taboleiro de anuncios do cole, as listaxes definitivas de solicitudes admitidas no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXO 2020-2021 e a relación de libros adxudicados.  
  
PRAZO DE ENTREGA PARA RECOLLIDA DE VALES PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Unha vez publicada a listaxe definitiva, os días 20, 21 e 22 de xullo de 2020, en horario de 10 a 13 horas poderán pasar a recoller os vales. De NON poder facelo neste prazo, terán que recollelo nos primeiros días do mes de setembro.

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2020-2021

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020-2021.

 

Con data do 26 de xuño de 2020 están publicadas nos taboleiros informativos do centro as listaxes definitvas de alumnado admitido para o curso 2020-2021.

Todo o alumnado que solicitou admisión no CEIP de Seixo, dentro de prazo, está admitido.

 

AVISO IMPORTANTE:

Lémbrase que o alumnado admitido debe formalizar a matrícula no centro do 1 ao 10 de xullo  2020.

 

AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS FÓRA DE PLAZO FORON REMITIDAS Á INSPECCIÓN EDUCATIVA, ONDE SERÁN VALORADAS POLA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN.

A RESOLUCIÓN NOTIFICARÁSE A MEDIADOS DE XULLO ÁS FAMILIAS SOLICITANTES.

 

PARA CALQUERA DÚBIDA OU ACLARACIÓN PÓÑANSE EN CONTACTO COA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 9:30- 14:00 OU NO TELÉFONO: 886 151 349

 

A dirección

INFORMACIÓN FINAL DE CURSO 2019-2020

 NOTA FINAL DE CURSO 2019-2020

 Estimadas familias,

 comunicávosmos varios avisos para este final de curso:

 1.    1. Mañá, venres 19 de xuño, é o último día para presentar a solicitude do Fondo de libros e axudas material escolar (alumnado de educación primaria).

2.     2. Xa está publicada ( na web do CEIP de Seixo e no Tablón de anuncios do centro) a Listaxe de Libros de texto para o curso 2020-2021 (agardar á resolución das solicitudes do Fondo e publicación das listaxes - 10 xullo-provisionais- e 17 xullo –definitivas- antes de reservalos/mercalos).

3.    3. Polas circunstancias excepcionais do desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019-2020, na etapa de educación primaria, non se rexistrarán cualificacións da 3ª avaliación, só a final, segundo as Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso académico 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

4.     4. Na etapa de Educacion Infantil, seguindo Instrucións da Inspección Educativa, ao non ter avaliación final, se reflexa a 3ª avaliación.  

5       5. As notas deste final de curso publicaranse o día 19 de xuño, ás 12:00h. a través da aplicación Abalar Móbil. No seguinte enlace tedes acceso á descarga da mesma: AbalarMóbil. Se algunha familia tivese problemas para ver as notas, pode poñerse en contacto a través do correo do centro ceip.seixo@edu.xunta.es ou do correo da titora correspondente.

1.

Un saúdo,

A dirección do CEIP de Seixo- Marín

REMATA O CURSO: ÚLTIMAS PROPOSTAS

Moi boas a todas e todos!
Xa non queda nada, un ano máis chegamos ao remate do curso escolar. Este ano dun xeito diferente pola situación que xa todos coñecemos de sobra. 
Pero por iso mesmo e porque é diferente queremos propoñervos as últimas actividades para que vos animades a participar...
Prestade moita atención, premede no seguinte enlace e a participar!!!

ÚLTIMOS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 08-06-2020 AO 14-06-2020

Seguimos traballando a través dos últimos Boletíns de actividades publicados no Blog da Biblioteca e nesta páxina web. 

Picando no seguinte enlace atoparades as actividades desta semana...

ÚLTIMO BOLETÍN

Atoparades todo o material dividido en 3 grandes grupos:

-EDUCACIÓN INFANTIL

-EDUCACIÓN PRIMARIA

-ACTIVIDADES PARA O TEMPO DE LECER (ESPECIALIDADES)

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

E se queredes estar informados á última de todo o que acontece no noso cole só tendes que picar e seguir o noso blog...

  AS PEGADAS DE ARNALDO

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020-2021.

Xa están publicadas no taboleiro informativo do interior do recinto escolar, as listaxes provisionais de alumnado admitido no centro. Poden pasar a consultalas en horario de 9:30 a 13:30h.

Respecto das listaxes, segundo se indica nas instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES, e será visible a partir do 8 de xuño.

Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.

 

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: ATA O 11 DE XUÑO INCLUÍDO.

PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA: DIA 26 DE XUÑO.

 

PARA CALQUERA DÚBIDA OU ACLARACIÓN PÓÑANSE EN CONTACTO COA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 9:30- 14:30 OU NO TELÉFONO: 886 151 349

VACANTES CURSO 2020-2021

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

 

Seixo, 5 de xuño de 2020

A Dirección

Distribuir contido

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL