Iniciar sesión: Acceso

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

 Segundo a Resolución de 5 de maio de 2020, restablécese o procedemento de admisión do alumnado polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de maneira que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e finalizará o día 18 do mesmo mes. Establécense os seguintes prazos para a tramitación do procedemento de admisión e de matrícula do alumnado:

   

 PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN

11 - 18 de maio

 PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA. BAREMO

(no caso de ser necesario baremar)

 

20 - 26 de maio no centro

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN

8  de xuño

 RECLAMACIÓN

(3 días hábiles)

9 ao 11 de xuño

 LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN

26 de xuño

 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

1  ao  10 de xullo

 

Protocolo de Atención a Familias

O horario de atención será de 09:30 a 14:30h, de luns a venres, horario habitual do centro.

 1.A presentación da solicitude de admisión:

Poderá facerse:

·     vía online en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#

·  presencialmente, no propio centro, con cita previa (na secretaría do centro estarán á súa disposición: as solicitudes de admisión (ver documento adxunto), información e documentos necesarios).

 

Como solicitar a cita previa:

·       No correo: ceip.seixo@edu.xunta.gal

·       No teléfono: 886 151 350 – 886 151 349 - 696 107 027

 

2.   Cando acudas ao Centro, previa cita concertada:

  • Accederás ao mesmo pola cancela tras chamar ao timbre-porteiro.
  • Só unha persoa estará dentro do recinto escolar para presentar a documentación.
  • A atención administrativa realizarase, polas características do edificio do colexio, na entrada ao edificio principal. 
  • Haberá dúas mesas no exterior da porta onde se atenderá e que servirán a modo de mostrador.
  • Pregamos:
    • Veña só unha persoa, que NON traian nenos/as, e que todo o mundo que entre no recinto escolar leve mascarilla.
    • Traia o seu propio bolígrafo, a solicitude cuberta, na medida do posible, e as fotocopias da documentación necesaria para entregar. 

 

Teranse en conta as recomendacións sanitarias establecidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  para os procedementos de atención ao público nos centros educativos. 

 

 Aclaración sobre a publicación das listaxes do proceso de admisión do alumnado

As listaxes publicaranse, nas datas sinaladas anteriormente, nos taboleiros de información do interior do recinto educativo.

 

Para poder manter e garantir as medidas de protección e de seguridade das familias e dos traballadores/as do centro, NON se atenderá a ningunha persoa que non concertara a cita previamente.

 

Equipo directivo do CEIP de Seixo-Marin

AdxuntoTamaño
ED550B-G.pdf1.13 MB

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL