Iniciar sesión: Acceso

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO CURSO 2020/21

Queridas familias:

Sabemos que estades nerviosos e preocupados polo inicio de curso, é totalmente normal, este ano máis que nunca, por iso esperamos aclarar algunhas dubidas e transmitir un pouco de tranquilidade. Sentimos non facelo antes, imos informándovos a medida que recibimos instrucións.

HORARIO PRIMEIROS DIAS

Co obxectivo de facilitar a adaptación do alumnado ás novas dinámicas do centro flexibilizaremos as entradas os días 10 e 11 de setembro.

Pensamos que será moi beneficioso para o alumnado e as familias ter unha chegada especial e diferente, dentro do raro que será todo este curso. Facer esta chegada gradual nos permitirá explicarvos cales son as portas de entrada e saída de cada curso e recibir de xeito mais individualizado ao alumnado.

Fixemos o horario de entrada en base ao calendario marcado pola consellería que dividiu o inicio do curso en dous días.

Xoves:

  • 9:30 - entrada 3º primaria
  • 10:00 - entrada 2º primaria
  • 10:30 - entrada 1º primaria
  • 11:00 - entrada 4 anos
  • 3 anos segundo a adaptación

 Venres:

  • 9:30 a 10:00 - Entrada normal de 1º, 2º, 3º e 4 anos.
  • 10:00 - entrada 6º primaria
  • 10:30 - entrada 5º primaria
  • 11:00 - entrada 4º primaria
  • 11:30 - entrada 5 anos

Estes dous días todo o alumnado entrará pola porta principal. So podemos permitir a entrada no centro a un membro de cada familia.

Por suposto recibiriamos ás 9:30 a todo o alumnado que veña no transporte e aos que por motivos persoais non podan flexibilizar ese día.

MATERIAL ESCOLAR

O luns publicaremos as listas de material que, de inicio, pedirá cada titora para comezar o curso. Este ano será moi diferente e iremos pedindo outro material ao longo do curso segundo xurdan as necesidades. Confiade nas titoras que vos irán informando de todo.  

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID19

Como xa vos contamos, estamos elaborando o Plan para o centro a partir do protocolo publicado por Sanidade e Educación. Entre o luns e o martes o faremos público para que poidades lelo antes do inicio do curso.

Se tendes algunha dúbida con esta información podedes chamar ao centro de 9:30 a 14:30. Seguimos pedímosvos paciencia e confianza, entre todos conseguiremos que sexa un bo curso.  

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Punto Laranxa contra o acoso escolar

BLOG: "AS PEGADAS DE ARNALDO"

PLAMBE

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

PROGRAMA EDUCA EN DIXITAL